domingo, 28 de novembro de 2010

O CANCER DA CRISE SON AS CC.AA

O Banco de España pide que as autonomías fixen un teito de gasto--O déficit público é unha prioridade "ineludible"

O gobernador do Banco de España, Miguel Anxo Fernández Ordóñez, insistiu en que a corrección do déficit público é unha prioridade "ineludible", polo que pediu o compromiso de todas as administracións e propuxo que os parlamentos autonómicos fixen un límite de gasto anual.
A consolidación orzamentaria "non está exenta de riscos" polo que esixe un seguimento e control rigoroso dos ingresos e gastos, para que se se producen desviacións, póidanse tomar as medidas adecuadas.
Ademais, sinalou que podería ser útil un fortalecemento adicional dos marcos orzamentarios, en particular das administracións territoriais, á vez que considerou "desexable" a publicación regular da execución orzamentaria do conxunto e de cada comunidade autónoma.
En definitiva, a xuízo do gobernador, hai que evitar o incumprimento dos compromisos do resto de administracións, xa que, de producirse, poderíase cuestionar o alcance do compromiso do Goberno. É importante, na súa opinión, "manter intacta" a credibilidade gañada polas medidas adoptadas ao longo do ano e "reforzala a través dun avance continuo" no desenvolvemento do programa de redución do déficit do Goberno.
Sobre este último punto, Fernández Ordóñez argumentou que o "tímido" inicio da recuperación económica que se viviu a principios deste ano debería proseguir, unha vez superado o estancamento do terceiro trimestre. E aínda que admitiu que as perspectivas existentes de recuperación gradual están rodeadas de "incertezas", pensa que a actividade volverá á senda de suave recuperación, "aínda tardará algún tempo en alcanzar o ton suficiente para xerar emprego".

Ningún comentario: