As reaccións, tanto de políticos como xornalistas e analistas, á entrevista de Rajoy no diario EL PAÍS, cargan as tintas sobre tres temas: recortes en dereitos civís, durísimo plan de axuste económico e a pulsión do líder conservador por non definir o alcance do mesmo. A quen falan de plan oculto diríalles que se en algo se destacou o Partido Popular, co seu xefe de cando en cando á cabeza, é por dicir exactamente iso, o que non fixo senón reiterar o bo de don Mariano. Os seus recursos ante o TC non dan lugar á sorpresa. O significativo nesa entrevista está noutra cousa que dixo e á que ninguén parece conceder importancia, a saber: privatizacións. Bastou nomealas para que caese na conta de que as receitas de Rajoy nin se inspiran no ideario cristián, nin en Cameron, nin moito menos nun improbable esforzo intelectual propio.É unha receita vella: menos gasto social, menos investimento público, menos impostos indirectos, e máis impostos directos, e privatizacións para os amigos e para compensar a caixa a curto prazo; e para garantir con estas a nova dentada ao que é de todos por parte de certas elites empresariais, un perfecto quid prol quo do que o caso Gürtel non é senón a súa vertente máis desvergonzada e charramangueira.
Ese foi o discurso de Aznar e ese é o de Mariano Rajoy. Ata recupera o de medidas para xerar confianza. Pero, ¿confianza en quen?, en quen dispoñan de capital para comprar Renfe entre outros, desde logo; ou a explotación dos centros da Seguridade Social, ou as canles de televisión autonómicos...
De chegar ao Goberno, derrogaría (nas súas palabras, afirma que non se compromete a non facelo, que é o mesmo) a Lei que permitiu o matrimonio de persoas do mesmo sexo: en consecuencia, negaría un dereito esencial exercido xa por miles de españois.
De chegar ao goberno, faríao pensando na plena honradez de D. Francisco Camps, e do caso Gürtel, facendo caso omiso das evidencias. Un magnífico código ético.
Seguro que hoxe o entrevistado arrepíntese da entrevista...
Ningún comentario:
Publicar un comentario