martes, 23 de novembro de 2010

A TELEVISIÓN E AS CAMPAÑAS

¿Que pasou coas conclusións ás que chegou o chamado Consello de Sabios (nel había xente realmente importante e sabia como, por exemplo, Emilio Lledó) sobre a televisión pública, sobre a televisión en xeral? ¿Onde están os Consellos Audiovisuais? ¿Que fan, que din? ¿Por que seguimos tendo televisións públicas que co noso diñeiro exhiben constantemente lixo incontrolado? ¿Trátase, seica, de manter á poboación o máis boba posible, para que así non se mostre crítica e non pense nos asuntos realmente importantes?
E seguindo con temas de televisión, de publicidade, e tendo en conta os alardes innovadores que estamos descubrindo na campaña electoral en Cataluña: "En Andalucía non paga nin Deus" / vídeo das mocidades de PSC de carácter orgásmico / vídeo de Laura Sánchez Camacho / vídeo erótico de Montserrat Nebrera...
¿Por que non reducimos as campañas electorais á publicación dos distintos programas dos partidos, e acabamos así co obsceno malgasto (con diñeiro de todos) de carteis, mitins, programas de televisión nos que só se busca ser o máis gracioso, ocurrente, ou en ter o mellor corte de pelo? Non sería, ademais, unha forma máis xusta de competir, sobre todo se temos en conta que os mercados, perdón, as grandes empresas, perdón, os grandes partidos son os que obteñen maior crédito para de forma impúdica tratar como subnormales a eses cidadáns cada vez máis embrutecidos polo efecto da imaxe e do ruído mediático.
L.E.I.C.

Ningún comentario: