mércores, 1 de decembro de 2010

AS OITO MIL ESPAÑAS

Os pequenos Concellos manexan competencias e prestacións que deben exporse desde unha perspectiva supramunicipal, como a planificación urbanística. Por encima da autonomía municipal está a ordenación do territorio. Trátase dun interese xeral que potencia o Dereito Administrativo e protexe o Dereito Penal. A Lei de Bases de Réxime Local confire ao Estado a potestade de "establecer medidas que tendan a fomentar a fusión de municipios co fin de mellorar a capacidade de xestión dos asuntos públicos locais".
No súmmum do surrealismo, o alcalde de San Sebastián de los Reyes chegou a afirmar que Alcobendas ten unha cultura diferente, polo que carece de sentido falar de unificación. Interesante traballo para un sociólogo: atopar os trazos diferenciais entre os habitantes destas dúas localidades.
As consecuencias colaterais desta fragmentación non poden ser ignoradas. Os cidadáns españois deben saber que no Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior están inscritos máis de 1.000 formacións á espera das eleccións municipais. Só pretenden obter un posto para negociar o seu voto co partido que o necesite, a cambio da Concellaría de Urbanismo. As bases da corrupción urbanística están servidas.
A autonomía municipal en materia urbanística é nefasta e destrutiva. Atenta contra o desenvolvemento sostible e esquece que o prioritario é a ordenación racional do territorio. Desde a perspectiva ambiental resulta insostible. Se se crearon mancomunidades para xestionar os lixos e residuos, ¿por que non unificar e concentrar toda a actividade municipal de forma máis eficiente e rendible?

Ningún comentario: