martes, 7 de decembro de 2010

A CONSTITUCIÓN CONTRA A ESPECULACIÓN

Os días 7 e 8 de decembro, o Congreso dos Deputados celebrará as súas xornadas de portas abertas.
Non estaría de máis que, na entrada, se colocase un exemplar da Constitución e, xunto a el, un libro de reclamacións para que cada cidadán sinale o artigo que, ao seu xuízo, merece ser especialmente recordado polo seu flagrante incumprimento.
Este ano, eu elixiría o artigo 47, que logo de enunciar o dereito de todos a un tempo vivenda digna, continúa así: "Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito, regulando a utilización do solo de acordo co interese xeral para impedir a especulación".
Pregúntome cara a onde miraban eses poderes públicos, e refírome a todos, aos estatais, aos autonómicos e tamén aos locais, mentres os especuladores inmobiliarios campaban ás súas anchas por toda a xeografía española.

Ningún comentario: