venres, 3 de decembro de 2010

A XUSTIZA EN ESPAÑA, UN LASTRE

Creo que o funcionamento da xustiza en España é un dos lastres máis serios da nosa democracia. Teño a seguridade de que é debido en gran parte a que non pasou ningunha transición da ditadura á democracia e produciuse sen solución de continuidade entre os dous réximes. Todos os días temos exemplos e un dos últimos foi os 21 anos en resolver o asunto da persoa en coma. A falta desta transición é tamén a razón da súa negativa sistemática á modernización, que non é debido, como ás veces se achaca, a falta de vontade das Administracións. A Seguridade Social, Facenda, Aduanas e tantos e tantos organismos públicos están perfectamente informatizados e progresivamente axilizáronse, mentres que aínda vemos os xulgados cheos de carpetas como na película O segredo dos seus ollos.
J.C.O.P.

Ningún comentario: