sábado, 4 de decembro de 2010

GÜRTEL EN CASTILLA LEÓN

Pedreira atribúe suborno e prevaricación ao presidente das Cortes, José Manuel Fernández Santiago,

A trama Gürtel estendeuse definitivamente a unha terceira comunidade. Tras saír decenas de imputados en Madrid e Valencia, o xuíz que investiga esta rede corrupta, Antonio Pedreira, ditou un auto no que se inhibe dunha parte da trama a favor do Tribunal Superior de Xustiza de Castilla e León por entender que hai indicios de que o presidente das cortes castelán-leonesas, José Manuel Fernández Santiago, puido cometer delitos de "prevaricación e suborno" na adxudicación da variante de Olleros de Alba.
Pedreira considera no auto que Fernández Santiago recibiu en 2003, cando era conselleiro de Fomento, un total de 39.000 euros de comisión por adxudicar "irregularmente" á firma leonesa Teconsa, vinculada á trama Gürtel que dirixía Francisco Correa, a construción da citada variante. Segundo o auto, esta adxudicación fíxose saltándose o procedemento e quebrantando os principios de "publicidade, concorrencia e transparencia".
Teconsa, segundo o xuíz, pagou unha comisión do 3% do montante da obra en comisións ilegais, en concreto, 96.100 euros. Esta comisión encargouse de repartila Correa e parte do diñeiro, 39.000 euros, acabaron nas mans de Fernández Santiago, identificado co sobrenome de "TOTI" na caixa B das empresas de Correa; do ex eurodiputado do PP Gerardo Galeote, quen recibiu 26.400 euros; do ex deputado popular por Segovia Jesús Merino, que obtivo 18.600 euros, e do ex tesoureiro nacional do PP Luís Bárcenas, que supostamente levou a mesma cantidade. Correa, polo seu lado, levou un pellizco de 17.500 euros, segundo resolución de Pedreira.
O xuíz chegou a esta conclusión tras analizar a contabilidade B de Correa na que figuran as iniciais, e nalgúns casos ata os apelidos, dos destinatarios desa comisión.
O xuíz remitirá nos próximos días todas as dilixencias que instruíu sobre Olleros de Alba ao alto tribunal castelanleonés, dada a condición de aforado de Fernández Santiago. A Bárcenas, Galeote e Merino, que se son imputados por outros motivos nas dilixencias de Pedreira, ábreselles agora, pois, unha nova fronte xudicial no Tribunal Superior de Castella e León. Aínda que a policía, admitindo que só eran sospeitas e que as probas eran febles, apuntou nalgúns informes a suposta implicación na trama Gürtel de Silvia Clemente, actual conselleira de Agricultura do Goberno de Castella e León, o xuíz Pedreira considera que non hai ningunha proba que permita deducir a súa participación nos feitos.
O contrato para Teconsa por sete millóns de euros, aínda que esta empresa, sen ningunha experiencia neste labor, subcontratou todos os traballos por menos da metade dese diñeiro con outras firmas especializadas. Os catro millóns restantes repartiunos coa trama corrupta, segundo a documentación requisada nas sedes das empresas da rede Gürtel. Outros informes que consta no sumario revelan que Teconsa recibiu entre os anos 2000 e 2009 ata 23 adxudicacións do Goberno de Castela e León. Unha análise da Axencia Tributaria sobre as actividades económicas de Teconsa acredita que esta empresa realizou movementos de diñeiro en efectivo con billetes de 500 euros por un total de 5,5 millóns en 2004; 242.000 euros en 2005; 893.000 en 2006 e 202.000 en 2007.
Unha análise da Axencia Tributaria sobre as actividades económicas de Teconsa acredita que esta empresa realizou movementos de diñeiro en efectivo con billetes de 500 euros por un total de 5,5 millóns en 2004; 242.000 euros en 2005; 893.000 en 2006 e 202.000 en 2007.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Vuelven a casa vuelven por navidad...

El Partido Popular está podrido de corrupción, esta es ESPAÑA, pais de pandereta...