luns, 10 de xaneiro de 2011

A BURLA CONSTANTE AOS CIDADÁNS

Estes días deume por pensar nos 600 e 1.000 euros respectivamente embargados a Díaz Ferrán e ao seu socio, parece ser que era a única cantidade que tiñan ambos nas súas contas correntes; e penso tamén na prescrición de catro dos cinco delitos de Carlos Fabra, na in-xustiza da xustiza feita a medida, nas mensaxes moralistas de Rajoy e na Cospedal cobrando tres soldos, e tamén nos 31 millóns das antigas pesetas que se gastaron as excelentísimas deputacións en cestas este Nadal. Penso tamén na cobiza insaciable dos mercados financeiros e os mudis de turno, cínicos depredadores e carroñeros cuxo desprezo pola sorte dos demais levou fai uns días a ese pobre home a arroxarse desde as bancadas máis altas do Parlamento de Romanía, para estrelarse entre as butacas dos demócratas. Penso en todos eles e non podo evitar relacionalos a todos.
J.L.

Ningún comentario: