domingo, 27 de marzo de 2011

A DEMOCRACIA NON É ISTO

Achéganse eleccións e, unha vez máis, os cidadáns preocupados porque a clase política ponnos moi complicado votar en conciencia, ultimamente votamos polo menos malo.
Pregúntome que lles esiximos, que preparación teñen. A maioría non traballaron nunca no sector privado, os seus méritos adquírense nas reunións de partido, non coñecen a realidade, nin parece que lles interese.
¿Saben idiomas, están formados, son capaces, son honestos, honrados, intelixentes, cultos, sinceros, traballadores...?
¿Coñecen aos seus votantes, asumen responsabilidades, aceptan a crítica, traballarán polo ben común, esquecerán a quen lles vota, esquecerán a quen non lles vota...?
Para entrar a traballar en calquera empresa os requisitos son moi estritos, as probas moi duras e, en moitísimas ocasións, a competencia é moi grande.
Aos políticos non se lles esixe nada. É suficiente con que o seu partido sinálelles co dedo e nós non -hai outra- lles votemos, para que pasen a xestionar e lexislar uns recursos xigantescos sen máis control que o que eles mesmos se outorgan.
A democracia non é isto, a democracia é elixir ao máis capaz, máis honesto, máis transparente, máis preparado e máis eficaz.
M.P.M.

2 comentarios:

¿DONDE ESTA EL FISCAL? dixo...

PINACOTECA=PELOTAZO

- Alguien compró unas ruinas en la Ferreria por 500.000 euros y nos lo vende (sin que nadie nos justifique convincentemente que compremos) por 1.575.000.

El Informe Económico del PEPRI dice que esas ruinas no valen más de 198.000 euros.

Pancho cervezas, asesor del Sr. Dominguez Olveira en el concello y a la vez socio del vendedor

Claudio Ataturk dixo...

Claro que isto non e democracia. O que pasa e que a sociedade o a valiar votando o sistema acaba sendo a única responsable.
Chorar e non actuare ese e o quid dos antidemócratas vestidos de santos.
Saudos.
Ataturk.