martes, 29 de marzo de 2011

O QUENTAMENTO GLOBAL NON EXPLICA OS CAMBIOS LOCAIS

Os métodos para atribuír impactos biolóxicos son inadecuados, segundo un grupo de científicos

A fixación por consagrar unha relación entre a perda de biodiversidade e o cambio climático provocado polo home pode estar levando aos científicos a perder a perspectiva e a deixar de lado o seu principal obxectivo: o de determinar as causas da desaparición dalgunhas especies, para axudar a combatelas e adaptar os ecosistemas aos problemas que afrontan. É a tese que defende un grupo de científicos na revista Nature Climate Change, e que pretende pór en xaque os métodos do Panel Intergobernamental sobre Cambio Climático (IPCC) da ONU.
"Estamos lonxe de poder alcanzar modelos realistas que unan bioloxía e clima e, no intento por alcanzar esta meta, arriscámonos a centrar os esforzos científicos lonxe da cuestión fundamental da adaptación", asegura este grupo no seu artigo.
Un dos asinantes é o científico español do CSIC, Carlos Duarte, quen asegura que o IPCC está propondo procedementos "ineficaces" para previr o impacto do cambio climático. "As especies non cambian de modo global, senón dentro de ecosistemas particulares. Por iso, os modelos dos climatólogos non serven para determinar, por exemplo, que parte da mortalidade de posidonia [unha planta mariña] nas Illas Baleares é debida á acción do home e que parte débese a un proceso natural derivado do cambio climático", explica.
O artígo insiste en que os modelos serven para establecer lecturas a gran escala, pero que hai que analizar outros problemas, como a polución ou a sobreexplotación da pesca.

Ningún comentario: