martes, 3 de maio de 2011

FEIJÓO XUSTIFICA QUE A XUNTA NON DERRUBE PISOS ILEGAIS DE PROMOTORAS VINCULADAS AO PP

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que a Xunta respecta e dará cumprimento ás sentenzas firmes do Tribunal Superior de Xustiza que ilegalizaron 168 vivendas construídas xunto ao mar en Fisterra por promotoras vinculadas a cargos do PP. E a continuación, afirmou que o seu Goberno non ten previsto pedir a execución dos fallos nun litixio iniciado polo bipartito e que levarían a demolición dos edificios ilegais. Feijóo abraza así a interpretación da Consellería de Medio Ambiente, segundo a cal sería suficiente con dotar de servizos ás urbanizacións para legalizalas.
Os seis fallos do Tribunal Superior de Xustiza declararon ilegais os seis edificios porque no momento de recibir a licenza non contaban con infraestruturas básicas como o saneamento. Subliña nas súas diferentes sentenzas que as leiras sobre as que edificaron as promotoras deberon haberse cualificado como solo rústico non consolidado e xa que logo estar vedadas aos guindastres das construtoras. Os fallos din algo máis: subliñan que a dotación de servizos a posteriori "é irrelevante a efectos de axuizar a conformidade a dereito da licenza litixiosa".
Por iso é polo que a licenza seguirá sendo ilegal por máis que o Concello dote agora á zona de infraestruturas básicas. Entre outras cousas, porque as promotoras ademais de non financiar servizos como o saneamento no seu momento tamén se aforraron as cesións de solo para espazos públicos ao Concello equivalentes ao 10% da edificabilidade. Por máis que o presidente repetiu que o seu Goberno respectará a decisión dos tribunais, nin el nin o titular de Medio Ambiente, Agustín Hernández, anunciaron a súa intención de pedir a execución da sentenza e a consecuente derriba das construcións.
De facelo, a Xunta metería nun grave problema ao alcalde popular de Fisterra, José Manuel Traba, responsable de conceder os permisos que servirián ás promotoras para esixir indemnizacións millonarias ao Concello. El PAIS

2 comentarios:

Claudio Ataturk dixo...

Y este individuo es nada menos que el presidente de Galicia. De borrase de este país en que el colectivo traga todo y los medios no destacan esta rabiosa tropelía.
Protejamos a los que delinquen y ataquemos a los que defiende la legalidad.
Este es el mensaje del Sr.Feijoo. ¡ Vaya cara y mucho más de Don Alberto !
Yo lo rechazo por ilegal y creador de una auténtica verguenza política siendo como es un hombre del derecho. En este caso torcido.
Saludos.
Ataturk.

UN VIGUES dixo...

El Sr. Feijóo, aparte de despilfarrar en 2 años el dinero que no tenía y tratar de echarle las culpas al gobierno central, está metido hasta las cejas en la trama Gürtel, urbanismo y otros menesteres y sobre todo, compra de favores (sobre todo periodísticos), clientelismo y corrupción (empezando por la Deputación de Ourense y seguido de Pontevedra).
¿Cómo se creen que ganó las pasadas elecciones gallegas? Ni él mismo se lo creía.
Muchos tampoco creíamos que este sujeto con cara de paleto (Los Peares) fuese a hacer "medio bueno" al Sr. Fraga Iribarne.