martes, 24 de maio de 2011

O VALOR DO 15 M

"A falta de profundidade nas súas ideas pode ser discutible, pero tampouco sería moi distinta da que afecta aos grandes partidos"

Os movementos sociais, como o do 15-M, son correntes ao redor de valores compartidos, actúan na esfera da sociedade civil reivindicando ou rexeitando decisións políticas e, xa que logo, tampouco hai que esixirlles máis. Nada que ver, xa que logo, cos partidos políticos, pilares básicos da democracia, que tamén xorden da sociedade civil pero que actúan na esfera política e teñen o poder como obxectivo. Son os que nos gobernan.
No caso do movemento 15-M, teña ou non teña moito percorrido a súa rebelión pacífica, xa ninguén poderá ignorar o malestar profundo que pon de manifesto ante os ollos de todo o mundo. Cando menos, é un toque de atención á clase política, que debería saldarse con feitos e non só con boas palabras. Claro que como apunta Lluís Bassets, non hai nada máis inquietante para os estados maiores dos partidos políticos que un fenómeno fóra de control.
Os detractores do 15-M ou ben descualifican este movemento polo seu inconsistencia intelectual ou ben polas súas ideas-forza, que en xeral non parecen precisamente de dereitas. A falta de profundidade nas súas ideas pode ser discutible, como todo, pero tampouco sería moi distinta da que afecta aos grandes partidos, a pesar de que estes dispón de medios intelectuais e económicos para 'fabricalas'. Máis claro parece estar que as ideas dos concentrados en diversas cidades son máis ben de esquerdas. Exemplos non faltan: recuperación das empresas públicas privatizadas, nacionalización da banca rescatada, fiscalidade progresiva, condena do franquismo, recuperación da memoria histórica, etcétera. Outras cousas que apuntan son, ou deberían selo, de mero sentido común: listas electorais limpas e libres de imputados por corrupción política, máis transporte público, división de poderes, ecoloxía e medio ambiente... Pase o que pase, hai algo que todos podemos compartir: nunca houbo tanta reflexión como na xornada de reflexión deste sábado en España. E iso tamén ten o seu valor. José Luis Gómez

Ningún comentario: