luns, 23 de maio de 2011

CATRO PROPOSTAS PARA UNHA DEMOCRACIA MELLOR

Na Porta do Sol estase debatendo todo, absolutamente todo. Os madrileños que alí están son realistas, por iso piden o imposible, e nas asembleas discútese sobre como renunciar á enerxía nuclear, sobre abolir a tauromaquia ou sobre o Estado laico. Creo que é bo. De feito, creo que é algo que xamais esqueceremos. Calquera que pase un intre polas asembleas nas que, megáfono en man, xente moi diferente expón as súas ideas sobre como mellorar o mundo deuse conta de que algo excepcional está pasando en Madrid.
Con todo, unha cousa é a Porta do Sol e outra moi distinta o resto da sociedade. E se queremos que o enorme apoio que xerou a spanishrevolution sobreviva e consiga resultados, é necesario distinguir entre o curto prazo e o longo prazo, entre as propostas xerais e as esixencias concretas. Por iso creo que hai que fixar algunhas reivindicacións básicas nas que todos, ou case todos, esteamos de acordo: crear o marco para que a democracia mellore e non o programa electoral que máis nos gustaría. Esta é a miña achega de mínimos para este debate aberto.

1. Reforma da lei electoral. Que cada voto de cada cidadán conte igual, sen importar onde viva e a quen vote. Sistema de listas abertas para o Congreso dos Deputados. Que o Parlamento reflicta a realidade dos resultados electorais, segundo eses "criterios de representación proporcional" que pide a Constitución Española no seu artigo 68.
2. Lei de Transparencia e Acceso á Información Pública. Non é tampouco ningunha utopía: España é un dos cinco países da UE que aínda non garante este dereito, fundamental en calquera democracia avanzada. Consiste nunha lei que obrigue á administración a facer públicos todos os seus documentos, que permita a calquera cidadán acceder aos contratos, as adxudicacións, os datos e as contas de calquera institución pública. Non é para esculcar: é unha ferramenta legal para que a sociedade poida controlar como se xestiona o diñeiro dos seus impostos e así evitar abusos. O PSOE levaba esta lei no seu programa electoral de 2004 e 2008 e, como tantas outras promesas, tamén se aparcou.
3. Referendo sobre o rescate á banca. Que os cidadáns poidan votar se queren ou non queren que o diñeiro dos seus impostos destínese a rescatar ás entidades financeiras insolventes. Falamos dun gasto en España "polo momento" de cerca do dous por cento de todo o produto interior bruto anual. Hai argumentos poderosísimos para defender tanto o si como o non nun referendo deste tipo, pero un gasto tan extraordinario non se pode decidir ás costas da sociedade. Ademais, a simple existencia dun debate así sería o mellor xeito para promover, de forma efectiva, novas medidas de control da banca.
4. Reforma da lei de financiamento de partidos e da lei da función pública. Cambiar os sistemas de control destas organizacións facendo completamente transparentes os ingresos e os gastos dos partidos e permitindo a súa fiscalización a través de organismos completamente independentes da súa estrutura. Que os políticos que accedan á función pública presenten anualmente unha declaración de ingresos e patrimonio. Que sexa incompatible cobrar varios soldos públicos, incluíndose nesta definición de soldo público os soldos que pagan os propios partidos aos seus dirixentes.

2 comentarios:

Un dixo...

¿Pero é posible listas abertas con circunscripción única?
E vale que o sistema ten desbaraxustes, pero coa referida circunscripción, que se esquezan en Soria, Teruel, Zamora, Palencia, etc, de ter algún tipo de representante no Congreso

Ataturk dixo...

Hay muchas fórmulas posibles para mejorar esta llamada democracia, que de momento no lo es, pues discrimina el voto y deja todo en manos de la partitocracia actual.
Lo primero es tener voluntad política de dar participación real y no engañada por las subvenciones a los grandes partidos y los espacios públicos proporcionales al tamaño de los mismos.
¿ Cuantos partidos se han presentado a las elecciones y no tenían posibilidad alguna de ser ni tan siquiera conocidos, pues los medios ni los mencionaron una sola vez ? Y luego los partidos hacen sus listas cerradas dentro de las militancias y amigos sin dar posibilidad alguna al resto.
No es que el sistema tenga desbarajustes sino que está dirigido y fabricado para el continuismo de los poderosos.
La circunscripción no tiene porqué ser la provincia sino los grupos de personas que son a las que se representan y debieran tener lñinea directa con su representante. En España tenemos que reformar la organización territorial con lógica e igualdad, pero para ello vuelvo a la consideración inicial, se debe tener voluntad de hjacerlo y los actuales grupos políticos no quieren perder sus ventajas. Y eso no es democracia sino aprovecharse del poder. Si hasta manipulan la separación de poderes.
Saludos.
Ataturk.