mércores, 8 de xuño de 2011

UN TOQUE DE ATENCIÓN

Hai un tema que o actual sistema democrático non resolveu: Como manifesto nas urnas que non estou de acordo co programa de ningún partido político? Evidentemente, non vou votar a ningún partido concreto porque ningún convénceme. Voto en branco? O tratamento que se lles dá aos votos en branco, significa que me dá igual quen gañe as eleccións, e non é iso o que quero expresar. Abstéñome? Ademais do descontento hai outros motivos polos que unha persoa abstense, polo que tampouco considero que esta opción reflicta a miña opinión.
Propoño un cambio do sistema electoral de maneira que os votos en branco considérense como votos de escano baleiro. Que quere dicir iso? Pois simplemente que todos os votos en branco conten coma se fose un máis dos partidos políticos que se presentan e se, por exemplo, suman o 10% do total de votos emitidos, que o 10% dos escanos queden baleiros.
Con isto conseguiriamos unha democracia máis real, ao dar opción nas urnas de expresar o descontento con todos os partidos; un aforro para as arcas do Estado, xa que non teriamos que pagar os soldos dos escanos baleiros; e un voto de castigo para os partidos políticos (eles reciben diñeiro tanto polo número de votos conseguidos como polos escanos logrados).
É un toque de atención para o partido no Goberno, xa que se o número de escanos baleiros chegase a ser importante, iso dificultaría poder conseguir a maioría absoluta (os escanos baleiros non votan, e ninguén os pode usar para conseguir a maioría absoluta).

1 comentario:

VOLTAIRE-VIGO dixo...

Muy bueno el articulo

Falleció Jorge Semprun, el “guerrillero de la memoria” (Compañero del alma, tan temprano) expulsado del PCE por el “otro cacique” Santiago Carrillo, sustentador del actual sistema de MONARQUIA BANANERA de este país que sigue siendo de pandereta.

El ex teniente lo quiere todo como buen “CACIQUE GALEGO” más los auténticos nacionalistas del BNG también le pondrán en la calle cuando las aguas bajen más templadas.

Al igual que a Semprun, pero por motivos totalmente opuestos, a Jorge Semprun por ser honrado y critico contra las maniobras de Carrillo y al ya ex teniente por CHORIZO GALEGO.

PD: Espero que se rematen pronto las obras de ampliación de la FISCALIA de Vigo y tengan tiempo y espacio suficiente para iniciar la investigación a este elemento ahora que va dejar de ser teniente.

¡¡INDIGNAOS!!

Despertad y exigir LISTAS ABIERTAS, que permitan la entrada de BUENOS Y CAPACITADOS GESTORES al frente de las administraciones públicas.

Mientras tanto, VOTA EN BLANCO (Sobre vacío)

VOLTAIRE-VIGO (LA CORRUPCIÓN QUE NOS INVADE)
http://httpvoltairevigoblogspotcom.blogspot.com