venres, 19 de agosto de 2011

AUTOR E COAUTORES


Termínase, por fin, o que nunca debeu comezar. Refírome ao zapaterismo. Non quedaba máis remedio. Empuxado ata polo propio partido, o presidente Rodríguez Zapatero rendeuse á evidencia. Paro masivo, endebedamento asfixiante, familias ao límite, empresas sen financiamento, descrédito internacional, institucións erradas, concordia nacional rota, pontes crebadas co principal partido da oposición. A situación non daba para máis salvo para a convocatoria de eleccións e a entrega da testemuña a outras mans.
Aos tres anos do zapaterismo, cando nas eleccións municipais de 2007 aínda se mantiña en pé a estrela socialista, xa houbo quen expresou a súa decepción por que a xente non abandonase en masa "o peor proxecto político desde fai moito tempo". E é que para calquera observador minimamente esixente e desapasionado, ao personaxe víuselle vir desde case o primeiro día.
Case desde o primeiro momento e moi especialmente despois do estalido da crise, se atisbó que detrás da cella, do talante e da imaxe non había máis que esa insoportable levedad que algúns -os listos do sistema- viñeron a descubrir a última hora con présa maiúscula. Non houbo que dar moitas voltas para concluír que estabamos ante alguén sen preparación nin experiencia, sen biografía nin equipaxe. Un político cuxa falta de preparación e de sentido do Estado puña os pelos como escarpias, por empregar termos dun comentarista político non afastado ao socialismo máis serio. Así lle foi ao país e ao propio partido. En verdade, nisto Rodríguez Zapatero só enganou a quen así o autoquiso.
Visto o visto e vivido o vivido, é de esperar que mellore a vista e o olfacto político a quen, como José Blanco en primeira fila, tiveron a xenial idea de promover e sacar do ostracismo político ao case anónimo deputado leonés para elevalo aos altares da secretaría xeral do partido no congreso do ano 2000 e de aí, catro anos máis tarde, á presidencia do Goberno.
Agora todos queren desmarcarse del. Pero non son poucos os que, uns como coautores desde dentro e outros como cómplices desde fóra do desastre producido, deberían seguir os seus pasos, retirarse da política activa durante algún tempo ou, polo menos, pedir en público perdón. Haberá que esperar a ver como se configuran as listas electorais socialistas co candidato Pérez Rubalcaba aos mandos. Pero digo eu que custará bastante ver nelas de novo aos/as Blanco, Chaves, Salgado, Chacón, Valeriano, Pajín, Caamaño, Sinde, Valenciano, Zarrías...
Porque, aínda na oposición, non deixarían de ser un inquietante pesadelo.

1 comentario:

UNO dixo...

La Oligarquía siempre buscará la manera de engañarnos; aunque en esta ocasión resulta particularmente burdo con un "político profesional" que vale tanto para el gobierno de Felipe González como para el de ZP.
Cualquiera del PSOE carece del menor crédito político, así que ya no funcionará eso de "que viene el PP" porque su voto no sirve para detener las agresiones de esa Oligarquía como se ve palpablemente en el Congreso por su acérrima y reiterada negativa siquiera a apoyar la "dación en pago"; hasta Berlusconi les pasa por la izquierda con eso de reducir su contribución a la agresión a Libia, o convocando referéndums.
No engañarán por ignorancia, sólo podría funcionarles la compra pesebrera o clientelar, pero no les quedará mucho para repartir.
En cualquier caso, ninguno entiende que no queremos "pofesionales del engaño", ni siquiera representantes o "representadores", sino DELEGADOS elegidos directamente con instrucciones muy precisas desde las Asambleas, listos para dejarlo en cualquier momento.