domingo, 30 de outubro de 2011

QUE HAI DO PROGRAMA DO PP?

É o arca perdida. Sabemos por González Pons e demais correlixionarios que o PP aspira se cadra, pero de promesas e compromisos nada de nada. Rajoy repite que o día 21 de novembro, xa vencedor, daranos a coñecer o gran segredo: como vai sacar a España da crise, a reducir o déficit, a pór o diñeiro en circulación entre as pemes...
E iso sen incrementar os impostos a ninguén e moito menos ás grandes fortunas e á banca, as vacas sagradas do PP. Nunca pensara que chegaría a ver que un partido político, en democracia, podía gañar unhas eleccións sen explicar as súas propostas.
Se as enquisas non están ocultando o voto indeciso, os españois podemos ir preparando os ungüentos da avoa para cando caiamos enfermos, practicar o trueque para obter os produtos que necesitemos e morrernos moito antes, porque as previsións de envellecemento digno e saudable van quedar arquivadas na papeleira.
Se chega o PP ao poder, non só haberá que ir ao Inem senón tamén á cola da beneficencia. Porque non teremos traballo e entregariamos as nosas casas aos bancos.


Rajoy fulminará o imposto de Patrimonio...

2 comentarios:

UN GALEGO dixo...

O PP non levará no seu programa nada sobre xustiza social, xa que defenden a lei da selva, só os fortes sobreviven e fáltalles engadir: militan e votan ao PP.
A poboación vulnerable pode morrer como en Africa, ou ir pedir á obra social da Igrexa católica para que se vexa a caridade, que non a solidariedade, conceptos moi diferentes.
O PP defende a lei da desigualdade social e sitúanse entre os poderosos, ¿Como van aumentarlles os impostos?...
O empresariado español procede, en moitos casos, de fortunas e patrimonio acumulado na época franquista e herdado polos seus descendentes actuais. Se antes non pagaban impostos e había fame real e sufrimento real na poboación, ¿por que o van a facer agora? O pasado pesa na educación recibida, por iso, os ricos españois non se comportarán como os franceses nin como os alemáns.

UN INDIGNADO dixo...

Sí Rubalcaba tiene intención de dar la vuelta a las encuestas, y evitar que el PSOE, sufra una debacle electoral, debe de reconocer públicamente que la política que ha seguido Rodríguez Zapatero estos años de legislatura ha incumplido por completo el programa por el que fue votado en las últimas elecciones.
Obedeciendo ciegamente los mandatos de la UE, para los países periféricos, es decir una política ultraliberal, que ha venido dictando en España la CEOE, y el Gobernador del Banco de España.
Debe de dejar claro al electorado de que él se va a desmarcar de esta política económica.
Que piensa cambiar la actual Ley electoral, que las leyes sociales ya aprobadas van a ser cumplidas y escorar al partido hacia la izquierda., tomando muy en cuenta la mayor parte de las propuestas de los Indignados.
Si piensa seguir ocultando las graves equivocaciones del actual Presidente, España está avocada a seguir los pasos de países, como Irlanda, Portugal y Grecia.