venres, 18 de novembro de 2011

PROMESAS DE MARIANO RAJOY


Chegou o momento de concretar as promesas de presidente que o galego Mariano Rajoy puxo no tapete electoral. Eu resumiría así: Pensións. "No próximo orzamento que fagamos non haberá unha conxelación das pensións. Iso foi unha das razóns fundamentais polas que fixemos unha dura crítica ao Goberno, porque conxelaron as pensións para aforrar e só o Plan E supuxo un custo de 18.500 millóns".
En canto a reforma laboral, Rajoy di: "Creo que hai que facer cambios na lexislación laboral. Falareino cos axentes sociais e espero que se dean conta da situación pola que atravesa España neste momento".
Refírese agora don Mariano á creación de emprego: "Ninguén é capaz de saber cando se pode crear emprego, o que si teño claro é que con outras políticas que xeren confianza pódese crear emprego e a iso é ao que me vou a aplicar se os españois queren".
En canto aos funcionarios di: "Creo que aos funcionarios non lles vou a facer unha rebaixa do 5% como lles fixo o Goberno, pero, neste momento, teño que ver cal é a situación exacta das contas públicas". Refírese tamén Rajoy á primeira reunión que pensa ter: "Chamarei ao líder da oposición para explicarlle algunhas cousas que creo que hai que facer en España e para ver a súa disposición a colaborar".
Toca tamén os impostos: "A idea é mantelos salvo no caso dos emprendedores, as pequenas e medianas empresas e os autónomos, que son os chamados a crear riqueza e emprego, son os que crean o 80% do traballo en España, a eses si  lles baixaremos". Enfoca ademais o asunto da sanidade: "Non privatizarei ningún servizo de sanidade nin lle direi a ninguén que o faga, nin coñezo a ninguén que teña esa intención. Non vou facer o copago, cando hai emprego, a Administración recada máis porque hai máis xente pagando impostos. Xa que logo, pode gastar máis en sanidade".
Tamén dedica don Mariano un espazo ao terrorismo: "Será mellor cando ETA nos diga que se disolve de xeito irreversible. A partir de aí, ¿por que temos que negociar? Logo, que fagan política se queren, pero, a partir de aí". Ata foi capaz Rajoy de enfocar a cuestión dos touros: "Estou a favor da liberdade. Creo que non se poden prohibir os touros e xa que logo farei o posible para convencer de que haxa touros en toda España, incluída Cataluña".

1 comentario:

Anónimo dixo...

El PP tiene muy claro que quiere hacer una revolución en los convenios. Los sectoriales y provinciales quedarían como un referente pero no como un mínimo. Mandarían los de empresa. Eso limitaría mucho a los sindicatos y probablemente llevaría a una huelga general para la que Rajoy está preparado. El objetivo: una bajada o contención de salarios. Si no se puede devaluar, es la única manera de competir, explican los populares.

La otra gran reforma que se apunta, siempre sin concretar cifras, es una notable reducción de la Administración y del empleo público. Ya han empezado las comunidades del PP bajando los interinos. Ese es el camino que le gusta a Rajoy: reducir empresas y organismos públicos, reducir interinos y confiar en la iniciativa privada. La idea cada vez más extendida en Europa de frenar el ritmo de los recortes no ha calado en el PP. Las privatizaciones, aunque no se anuncian aún, están en todos los debates internos del PP. Rajoy ha apuntado la idea de privatizar los ferrocarriles o correos.

Otras formas de ingresos polémicas, como subir tasas universitarias o el copago sanitario no están encima de la mesa de momento aunque nadie las descarta del todo. Se apuesta por dar más entrada a iniciativa privada, sobre todo en sanidad.