xoves, 22 de decembro de 2011

IGNORANTES OU CINICOS?


De novo, desde a dereita -co apoio necesario da cova patronal- e jaleados pola brunete mediática pídese o recorte de funcionarios. E o peor de todo é que parte do persoal do montón (¿bobos, cínicos?) aplaude esa petición sen ter en conta que a comadrona que asistiu á súa nai era funcionario, como o médico ou o mestre do seu fillo ou o policía que lle permite durmir tranquilo ou o xuíz que mete no cárcere aos malos ou... os modestos funcionarios que engrasan o sistema.
¿Sobran funcionarios?
Vostedes mesmos: un día laborable, ás once da mañá, a "cola" de cidadáns para cumprir como tales (darse de alta no censo, informar dun cambio de domicilio, etc.) pode superar as trinta, corenta persoas... nun pequeno local onde os asentos non pasan de vinte.
Ese mesmo día, no Chuac, ante unhas grandes pantallas se "amorean" -conteinos- máis de cen "doentes" pacientes que van impacientándose a medida que pasa o tempo. O recorte de persoal de Farjas e Feijóo nótase nos mostradores baleiros, a falta de persoal médico.
E se coincide que ese día ten que facer un trámite ou pagar unha multa, pode esperar (sentado, iso si) na Xefatura de Tráfico, onde tamén hai ventanillas baleiras, imaxino que por falta de persoal. Ou en Correos. Todo isto significa unha perda de tempo -e diñeiro- para o cidadán.
¿Queredes a proba do nove? Citroën pide aos traballadores franceses salarios competitivos como os galegos. E non é que alí non a "curren" é que gañan 13 euros máis cada hora... e, xa que logo, a casa, a patronal, gana menos millóns ao ano.
O que pasa é que os que nos mandan -desde Rajoy ata o último desa fila- non pertencen a esa clase de cidadáns que chamamos "de a pe" e sáltanse "as colas" ou lle fai outro -¿un funcionario?- a xestión.
Ao señor da patronal (ao que non lle gustaría que o seu fillo se deslomara por 400 euros) hai que dicirlle que faltan caixeiras nos supermercados, persoal nas gasolineiras, acomodadores nos cines. Que o chofer que transporta o butano é o que o leva "ou lombo" ata o quinto...piso, aforrándose o empresario un empregado. E así en todos os sectores que vostede, amigo cidadán do montón, coñeza ou sufra.
¿Sábeno os que mandan? ¿E os que o sofren?
¿Son ignorantes ou bobos?..

Ningún comentario: