xoves, 26 de xaneiro de 2012

ÁS VOLTAS CO SANTO LADRILLO

Unha crise terrible despois, sen indicio de saída, e aínda seguimos confiando a nosa recuperación económica á construción, ao ladrillo. Aínda que no medio deste vórtice reformista non paran de saír a colación termos tan venerados e ambiguos como "competitividade", "produtividade", "flexibilidade", "innovación"... o único que de verdade quedou claro na primeira batería de propostas do Goberno de Mariano Rajoy é que este manterá a dedución pola compra de vivenda habitual e o IVE reducido do 4% para todas as vivendas. É dicir, volvemos encomendarnos ao "santo ladrillo".
Só uns pequenos detalles máis: con cinco millóns de parados, co crédito pechado baixo sete chaves, coa promoción de vivenda protexida paralizada como medida de aforro institucional e coas imaxes de desafiuzamentos diariamente nos nosos televisores... ¿quen vai comprar estas vivendas? Efectivamente, os de sempre.

Ningún comentario: