venres, 27 de xaneiro de 2012

A GRAMÁTICA DA POLÍTICA

Oín moitas veces dicir que o Goberno do PSOE deixou unha mala herdanza ao Goberno do Partido Popular. Así mesmo, que o PSOE de Castela-A Mancha deixou unha mala herdanza a Dolores de Cospedal e, tamén, que o tripartito catalán deixou unha mala herdanza a CIU. Parece ser que Rajoy, Cospedal e Mas non sabían nada.
Por iso admiro a Javier Arenas, que, habéndonos advertido xa de que vai recibir unha mala herdanza, está disposto a aceptala. Por sentimentos patrióticos por Andalucía, non por ambición persoal.
Con todo, resúltame enigmático que nunca se fale de malas herdanzas na Comunidade Valenciana, a de maior déficit de España, a de maior malgasto en fastos e eventos durante anos. Pedinlle ao sabio Kalikatres unha explicación a ese enigma e respondeume isto: "Sería un sinsentido gramatical dicir que o PP deixou as arcas baleiras ao PP".
Así pois, cando toda España sexa de dereitas, as arcas sempre estarán cheas como a valenciana; por corrección gramatical. A crise terminaría. Non é certo que todos os políticos sexan iguais: algúns saben gramática. I.R.

Ningún comentario: