luns, 2 de xaneiro de 2012

ISTO ACÁBASE

Non me refiro a esa previsión do calendario azteca que anuncia o fin do mundo para 2012, senón polos anuncios do Goberno de que deica pouco todos calvos.
Vale: cos plans do señor Rajoy non hai ninguén (excepto banqueiros, axencias de clasificación, financeiros e "cracks" do fútbol e a canción) que se atreva a brindar por este ano novo.
Hai que dar máis diñeiro á banca; hai que seguir regando as subvencións entre os que teñen diñeiro para comprar un piso e hai que suprimir a axuda ao aluguer que parasitan por aí impedindo a burbulla do ladrillo.
Deixemos pasar o mes de marzo, para que os idus leven as eleccións andaluzas, para meter, outra vez, a tesoira e mentres Cospedal pechando centros de acollida a mulleres maltratadas. E aquí e en Madrid, por citar só unha medida das moitas, reducindo as axudas aos drogodependentes.
Mariano xura ante Merkel que cumprirá os ¿seus? compromisos con Europa á vez que aos seus nacionais colócalles un salario mínimo que non permite tres comidas ao día.
Resulta que en España a economía mergullada representa o 23% da produción. Que as empresas defraudan 112.700 millóns de pesetas; que máis de 28.000 millóns pérdense en rebaixas (como, por exemplo, a axuda ao chale) fiscais e que o Estado recada a través do IRPF catro veces máis que polo imposto de sociedades. Resulta que seguirá axudando ao ladrillo e suprimirá a dedución ao aluguer.
¿Ese é o plan, Mariano? ¿Iso é gobernar para xente normal, corrente? Ou sexa, como Rajoy: cincuenta millóns de euros en fondos e contas correntes; inmobles en Sanxenxo, Pontevedra, Madrid e Canarias. Douscentos trinta mil euros que paga o PP, o soldo de deputado (agora o de presidente) e a cota-parte do negocio de rexistrador da propiedade.
Así que se pode "recortar" un cinco por cen a un mestre ou a paga extra a un médico e non vixiar os prezos e os beneficios da banca e grandes empresas.
Este é o plan que nos ofrece a dereita e que tan cautamente escondeu no programa electoral. E para polo en práctica conta con Farjas, Currás...
¿Estráñalles que aumente a emigración? ¿Que se marchen os nosos científicos?
A pregunta é ¿canto resistiremos?
E é que isto se acaba.

Ningún comentario: