martes, 3 de xaneiro de 2012

MENOS DEREITOS, MÁIS IMPOSTOS

O goberno de Mariano Rajoy anunciou as súas medidas, que supoñem, como se adiviñaba, unhas grandes tesouradas ao estado social, deixándoo moribundo, antes da súa defunción definitiva, coas que se anuncian para os próximos meses. Rajoy utiliza as tesouras de maneira inxusta e desigual, empobrecendo aínda máis á clase media e á baixa, que non foron as responsábeis da crise económica, e esquecéndose de aplicar unha fiscalidade progresiva ás rendas do capital do grande empresariado e dos sectores financeiros.
Que dirán agora os ppaletos que o votaron pensando que non subiría, como prometeu, os impostos ás rendas do traballo vía IRPF? Estarán contentos cando vexan que non vai haber unha recuperación do consumo e si un aumento do déficit público e un agravamento da crise, como vén sucedendo en Grecia e Portugal, ao aplicaren os seus gobernos recortes semellantes?
Fálase de que hai que diminuír o déficit do Estado, máis a conxelación do salario mínimo, que é o mais baixo xunto co portugués da UE-15 non repercute nel, senón nos beneficios das empresas. Esta medida regresiva e antisocial, alén diso, vai en contra da Carta Social Europea, asinada polo Estado español en 1980, e que garante un SMI do 60% do salario medio neto, o que se correspondería neste momento coa cantidade  aproximada de mil euros. Por tanto, o salario mínimo actual conxelado, que impede vivir con dignidade, é un 37% menor.
O novo goberno non recorta a duplicidade existente nas administracións, suprimindo, por exemplo, deputacións e senado, e obrigando a fusionar os concellos.
Tampouco elimina o plus dos altos cargos nin rebaixa os excesivos gastos militares, impropios dun estado con estas dimensións e importancia internacional.
A alianza dos grandes sectores económicos coa clase política sistémica evidénciase unha vez máis, favorecendo aos primeiros e beneficiándose a segunda, ao non estar disposta nin sequera nesta gravísima conxuntura que afecta a millóns de persoas a desbotar ningún dos seus monárquicos privilexios.
Virán meses e anos con pior cualidade na sanidade e na educación públicas, sen axudas ao aluguer de vivendas e á poboación dependente. Embora irá en progresión o custo da vida para a maioría dos cidadáns. O desemprego dispararase co baixo consumo e ao non se crear postos de traballo no sector público, producíndose unha emigración continua de mozos e mozas, o que levará na Galicia a unha inversión maior da pirámide demográfica.
Despois da deconstrución do Estado do benestar, estamos sendo instalados aceleradamente no neoliberal. Nada volverá a ser igual. Posibelmente nin a liberdade informativa en internet, coa aprobación da lei Sinde. Os soños de formar algún día parte da clase media esvaecerán.
Toca o tempo de deixarmos de saír de compras de roupa ou a comer fóra. Nada de viaxes nas vacacións. Nada de cambiarmos de carro. Eliminación do gasto de ximnasio. Preguntaríalle a Rajoy se o tivese perto: como pensa saír da crise sen aumentar o consumo?

1 comentario:

DEMOCRACIA dixo...

LA DERECHA ESTÁ EN EL PODER "PELIGRO"

Estas terribles medidas van a provocar la muerte de un montón de pymes y la baja de otros tantos autónomos, con la consiguiente pérdida de empleos. La recesión está a la vuelta de la esquina y las cifras de paro se van recrudecer como nunca. Obviamente, el principal problema que sufre la economía que es la falta de confianza de los "mercados" que financian la deuda se va agravar ya que los que esperan estos es una señal de recuperación, siendo FALSO que exijan el rápido equilibrio presupuestario.

Con estas políticas vamos a un desastre que se va llevar este gobierno por delante incluido su líder, que hoy ha brillado por su (mezquina) ausencia.

Si no disponemos de instrumentos para devaluar la moneda y carecemos de un verdadero banco central que compre deuda, no tenemos alternativas para salir de este atolladero.

En definitiva la cuestión es: ¿Debemos plantearnos salir del Euro? Desde fuera de Europa nos están soplando al oído que SI.