luns, 23 de xaneiro de 2012

O ´MEA CULPA´ DOS ARQUITECTOS

Profesionais novos recoñecen a súa responsabilidade no espallamento das desfeitas e reivindican unha maior presenza no deseño territorial e paisaxístico.
Unha das consecuencias positivas da crise económica en que nos atopamos debería ser a de botar unha ollada ao pasado para analizar e corrixir os erros que se cometeron en todo o que se refire ao coidado e estruturación do territorio. A paisaxe segue a ser un dos tesouros cos que e conta o país malia as moitas desfeitas amoreadas. Os arquitectos son un dos colectivos que deben formar parte desta reflexión, aínda que non os únicos. Nas últimas décadas o seu coñecemento quedou sepultado baixo os intereses políticos e económicos que levaron ao crecemento desmesurado do ladrillo.
Moitos destes profesionais fan autocrítica e recoñecen que tiveron parte de culpa no acontecido por se botar á beira e deixar en mans de políticos, construtores e promotores a ordenación dun territorio que sofre as consecuencias desas actitudes. Algúns dos membros da nova xeración de arquitectos que xa viu recoñecida a calidade do seu traballo dentro e fóra de Galicia apuntan a que o parón inmobiliario representa unha boa oportunidade para deseñar un país máis ordenado e sostible no terreo urbanístico.
Na súa opinión, o urbanismo desenvolvido nas últimas décadas estivo en mans de políticos, construtores e técnicos "moitas veces desaprensivos". Ao seu xuízo, os plans urbanísticos de moitas cidades pequenas e vilas "quedaron abandonados nas mans da parte máis mediocre da profesión". No que se refire ás posibles solucións, que o máis urxente é definir "que territorio queremos e como o queremos facer". "Temos modelos en países centroeuropeos coma Bélxica, Suíza e Holanda que poden servir como guía para facer as cousas mellor. Creo que habería que simplificar as normas, facelas máis sínxelas, o cal non quere dicir que faciliten realizar determinadas cousas".
Os arquitectos, especialmente os máis novos, son conscientes de que foron parte dos diversos problemas que afectan ao territorio e tamén deben formar parte da solución. Hai poucos días abriu en Santiago unha mostra deseñada por tres arquitectas novas e na que se lanza unha ollada irónica sobre o que aconteceu nos últimos anos cos efectos do pelotazo urbanístico. Spanish Dream recolle o que puido ser e non foi neses centos de vivendas que quedaron inacabadas e agora se converteron en testemuños silentes do que se fixo mal por parte de moitos actores (tamén os arquitectos) nestes anos de febre construtora.
As impulsoras deste proxecto, coñecidas polo alcume de Cadelasverdes, recoñecen que o remuíño de cartos e cemento vivido levou por diante as boas intencións de moitos profesionais do sector. O parón inmobiliario que vivimos actualmente semella un bo momento para que os profesionais da arquitectura volvan a ocupar o lugar que nunca deberían ter abandonado e achegar os seus coñecementos para facer unha planificación axeitada do territorio e mellorar o aspecto xeral da nosa paisaxe

1 comentario:

DOREMAR dixo...

CULPA DE LA SOCIEDAD

Somos el país de la UE con más viviendas vacías, con una cifra que superaba los tres millones en el censo del año 2001. Dado todo lo que se construyó desde entonces, sobre todo hasta el estallido de la burbuja en el año 2007-2008, es fácil que esa cifra de casas vacías ronde ya los cuatro millones y medio.
Gracias a la época dorada del pelotazo inmobiliario, también conocido como capitalismo popular del ladrillo, nos sobran más viviendas que a nadie, pero dichas viviendas son las más caras del mundo. Tamaño despropósito no fue desencadenado por los hados o por un demiurgo caprichoso. Para escribir esta epopeya de la especulación, fue imprescindible la participación entusiasta de las administraciones públicas. Nuestros gobernantes, que en teoría son elegidos para servir al pueblo, utilizaron el poder político para atentar contra los derechos económicos y sociales del pueblo, entre los que ocupa un lugar destacado el derecho a la vivienda (artículo 47 de la Constitución).
Nuestros gobernantes practicaron la violencia contra la ciudadanía, provocando con esta actuación que algo lógico y natural, como era el acceso a la vivienda, se convirtiera bien en una quimera, bien en un suicidio económico. En un estado verdaderamente democrático, los responsables políticos de tal atropello serían juzgados por alta traición a la patria. La primera y más clara evidencia en este juicio sería el escándalo de la corrupción generalizada. Multitud de alcaldes y concejales, unidos en vergonzoso contubernio con sus amigos promotores y constructores inmobiliarios, hincharon sus patrimonios personales durante el boom inmobiliario. Pero algo sobró de la fiesta, como bien saben en los partidos de los corruptos. El Tribunal de Cuentas dijo en cierta ocasión, cuando todavía quedaba maná en el ladrillo, que una tercera parte de la financiación de los partidos políticos era ilegal y procedía sobre todo de la especulación urbanística. Así que al cargo de traición a la patria contra estos dirigentes bien podríamos unir el de atentado contra la salud pública, como evidencia este claro olor a putrefacción.