sábado, 7 de xaneiro de 2012

SEN RECORTES DIVINOS

O venres asistimos ao primeiro tixeretazo deste novo Goberno que deixou mozos a todos os do anterior Goberno e volveu descargar todo o peso nos de sempre aínda que nos intenten convencer pola contra.
Chama a atención que non se pensou en recortar un gasto do Estado que segundo leo pode alcanzar ata 10.000 millóns de euros. Aí é nada, e que non ten sentido como é o sostemento da Igrexa católica. Se somos un Estado aconfesional, é difícil de entender que nos gastemos a cargo de todos nós estas cantidades e nesta época que nos tocou vivir, cando constitucionalmente cada españolito pode ser con total liberdade ateo, agnóstico, musulmán, protestante, budista ou profesar a relixión que lles salga das narices, ¿onde está esa liberdade se nos toca pagar a Igrexa dos católicos?
Creo que xa é hora de que un Goberno colla o touro polos cornos e suprima dunha plumada esta sangría económica. É máis importante soster as pensións, a sanidade pública, a educación, a dependencia, a protección e axuda aos nosos mozos e en xeral todos os logros do Estado de benestar que soster a unha Igrexa, que sexa de moitos ou de poucos, debe de sosterse das achegas dos seus fieis e non do peto de todos.
Creo que a propia Igrexa debería tomar a iniciativa, se se aten ás doutrinas do seu creador e dá ao diñeiro o valor que lle daba Xesucristo.  E.C.


E a igrexia que?...

O estado financiará á iglesia con 13 millóns de euros mensuales (páxina 146615 BOE)

Ningún comentario: