venres, 24 de febreiro de 2012

FEIJÓO, IGUAL QUE ZAPATERO

Aínda que non queiran recoñecelo, no fondo, Feijoo e Zapatero pensan e fan o mesmo. Cren que o problema deste país é o soldo dos funcionarios. E por iso practican machadazo tras machadazo, crendo que así nos van a sacar da crise.
Desde o día seguinte a que morrese aquel xeneral baixiño de Ferrol vimos escoitando que hai que abordar a reforma administrativa en profundidade. E aí seguimos. Hai despachos da Xunta e do Goberno central habitados por xente sen tarefa. Hai departamentos que triplicamos. Hai chiringuitos que seguen mantendo a perezosos e ociosos. Pero iso si que se permite. Conséntese que entren ás oito e ás nove salgan a tomar café ata a unha. E non é unha situación imaxinaria. Porque sabe o presidente da Xunta e todos vostedes que é tan real como as necesidades que empezan a pasar unha parte dos galegos.
Pero se tomou aos funcionarios como o pim-pam-pum desta crise, sen atreverse a encarar o problema en toda a súa dimensión e afrontar a reforma administrativa con rigor e seriedade. E se logo de realizada a reforma hai que dar un corte aos soldos, dáse. Pero o que se está facendo é o máis fácil. Dar paus de cego. Que é o que fan os que non ven a realidad. E.P.

1 comentario:

UN GALEGO dixo...

sigue creando prazas dos grupos altos na administración para colocar ós seus e amortizando prazas dos grupos baixos os que realmente curran. Por exemplo xefaturas de servizo en educación nas catro provincias. En vez de meter os cartos nunha autovía de Lugo a Santiago métenos no Gaias, ese despilfarro iniciado por Fraga...unha hipoteca!!!! O auditorio de Lugo outro tira cartos, temos dous pabellóns estupendos onde colle moita xente para actos, e pra Lugo chéganos de sobra o Gustavo Freire. Tapade antes os baches das estradas, etc