venres, 23 de marzo de 2012

STOCK DE LADRILLO

Bankia, Santander e BBVA acumulan a maior parte do 'stock' de ladrillo da banca-O sector ten 12.900 millóns en vivenda adquirida a promotores e 13.800 millóns por embargos a particulares.

A banca acumula 140.600 vivendas terminadas que poderían saír xa á venda, un dos obxectivos da reforma financeira do Goberno. A carteira de pisos das entidades ten un valor bruto de 26.700 millóns de euros, pero en pouco máis dun ano estará devaluada nun 35%. É a provisión que o Executivo esixe á vivenda terminada no seu plan de saneamento.
O que en orixe valía máis de 26.000 millóns, a mediados de 2013, cando culmine a reforma, terá un prezo contable de 17.300 millóns, é dicir, 9.400 millóns menos. O Ministerio de Economía confía en que, con esta rebaixa, facilitarase a saída ao mercado destas vivendas.
"O produto residencial acabado adoita ser de dixestión pesada, pero a longo prazo termina por asimilarse. Son vivendas para usuarios finais, e se se baixan prezos, ofrécense alugueres con dereito a compra ou se potencia o aluguer, a operación termina levándose a cabo", indica José Luís Marín, director de rede de oficinas e adxudicados de CBRE.
Valor ficticio Ata agora -explica- o maior impedimento para dinamizar este segmento é que as entidades non estaban dispostas a rebaixar prezos moi por baixo dos que figuran nas súas contas. "Estamos con prezos establecidos sobre a ficción do valor co que o activo entrou en balance, descontadas as dotacións forzosas. A solución é tan artificial que non funciona" , asegura.
Os expertos prognostican que o sector tardará entre tres e cinco anos en dar saída á súa carteira de vivendas. Nalgunhas zonas asúmese que haberá inmobles que non poderán venderse nunca. No caso do chan sen desenvolver, o horizonte temporal pode superar ata unha década.

1 comentario:

UN CIUDADANO dixo...

Familias y empresas embargadas, arruinadas, y luego los bancos lloran porque claro, tienen demasiados ladrillos, y les tenemos que enchufar dinero público (en forma de intereses de deuda) y toda clase de ayudas. Digo yo, que lo primero sería reformar la legislación actual del embargo de viviendas, redactada en tiempos donde impagar una hipoteca era algo anecdótico, y ahora es coyuntural e inevitable. Es demencial que si te impagan el alquiler, no puedes desaloja una familia, pero si impagan la hipoteca al banco, echan a su casa a niños y señoras de 80 años que figuraban como avalistas. Pero no, seguirán hinchándose, como han hecho en cada crisis, y si les falta liquidez porque tienen demasiado ladrillo, pues se les inyectan billones al 1% para que nos compren deuda al 4%, en lugar de, como estados soberanos que somos, imprimir la moneda que consideremos oportuno para afrontar la crisis económica.