sábado, 28 de abril de 2012

CONFISCACIÓN

Van coñecéndose sombríos detalles da nova obrigación para os pensionistas, a de pagar polo consumo de medicamentos. Inicialmente informouse da obrigación de pagar o 10% do seu valor, con límites de 8, 18, ó 60 euros mensuais, segundo renda.
Agora explícase, e convén que os usuarios sáibano claramente, que eses límites mensuais non o serán na práctica, xa que o que exceda do indicado límite mensual -cousa realmente fácil tendo en conta do prezo dos medicamentos- deberá ser abonado en primeira instancia tamén polos pensionistas, aos que lles serán liquidadas as diferenzas nun prazo de seis meses. Isto na práctica supón unha detracción adicional dos seus recursos: ¿alguén fixo contas do volume económico que supón o 10% do valor dos medicamentos que consomen os pensionistas en seis meses?
Noutra orde de cousas, este procedemento supón un inxente volume de traballo burocrático e de transaccións económicas, sen que se saiba polo momento sobre que administración recaerá, e cuxo custo diminuirá gravemente o efecto económico da medida. ¿Quizais se xustifique ao fin o mantemento do Ministerio de Sanidade?
Todos os suxeitos fiscais contribúen por adiantado nas súas obrigacións fiscais en virtude dun cálculo estatístico que as fixa e que recibe o nome de retención; no caso que nos ocupa, a apropiación temporal dos expresados excesos abonados polos pensionistas, só pode recibir o nome de confiscación.

Ningún comentario: