sábado, 21 de abril de 2012

A ESPAÑA DA SUBVENCIÓN

A situación que viven moitos españois e tamén o propio país, neste galimatías de nacionalidades e rexións, cada día máis insolidarias entre si, é preocupante. Ata agora, os políticos das mil administracións da nación foron nefastos dirixentes e nulos administradores, gastaron o que non está nos escritos. A consecuencia deste barullo é clara: ninguén se fía de ninguén.

Os mercados tampouco confían nun país dividido. Aí está o exemplo de centenares de empresas e fundacións públicas que operan baixo réxime xurídico privado, pero que viven das subvencións. A España da subvención e o malgasto ten que desaparecer. Por outra banda, cando a promoción cidadá queda exclusivamente en mans do Estado, o labor social redúcese á administración duns recursos a través de trámites burocráticos, nos que se cumpres determinados requisitos, non sempre transparentes, concédenche tal subvención ou curso de formación, polo feito de estar nunha lista como desocupado, e ás veces, nin iso.

Considero que a promoción humana é unha labor moito máis complexa. Trátase de acompañar á persoas nos seus aprietos, o que significa dialogar, comprender, porse no lugar do outro, e para axudar ao outro primeiro hai que coñecelo e amalo tal e como é, como sabemos cada cidadán é único e singular.

Ningún comentario: