domingo, 8 de abril de 2012

VAITE PARA ALEMAÑA

A Mariano Rajoy non lle gusta o que fai. Aos ministros "marianistas" tampouco lles gusta o que teñen que facer e a nós, os cidadáns, non nos gusta o que fan. Só aos alemáns da señora Merkel gústalle o que fai -connosco- Mariano.
Creo, pois, que Mariano ten que cambiar de "choio" e/ou irse a traballar a Alemaña. Pero o peor de todo isto (o que sufrimos, o que imos penar) é que os certificados de "boa conduta" os orzamentos, as contas ¡o noso futuro! necesiten, primeiro, o visto e prace do partido imperante en Alemaña, despois o "si" de Europa e, finalmente, un "aguantádevos" para nós os españois...
Sabido é que a política da dereita-dereita baséase no recorte dos dereitos e o aumento (para os seus claro) dos beneficios. E que as perdas se socializan e os beneficios ben privatizados están entre a clase dominante...
Por iso cabrea, que non asombra, que a inspectora de Facenda e exconselleira de Facenda, metida agora no equipo neocom de Montoro, recrimínenos cun "a cultura do todo gratis, acabouse...?, sen entender dona Marta Fernández Currás que aquí nada é gratis. Teno que saber a responsable de Facenda (inspectora, nada menos, coño) que o 73% dos ingresos por impostos proceden da clase traballadora mentres, o grupo ao que van a amnistiar ¡maldita sexa! representa pouco máis do 12% e as grandes fortunas  -cos seus amaños de enxeñería financeira- non chegan ao 15%...
Ten que saber dona Marta, un das fichaxes da política marianista, que a diferenza entre o que custaba a universidade onde estudou (e moito, contan) e o que pagaban os seus papas o "puxemos" o resto dos cidadáns a través dos impostos. E os que non teñen coche pagan aínda así unha cota das autoestradas que se inchan a gañar diñeiro (aí está a empresa da A-9) e redondean beneficios despedindo xente...
Así que nin a don Mariano, nin a dona Marta, nin ao señor De Guindos gústalles o que fan, manda carallo...pois fíxese nos demais, que non nos gusta a reforma laboral que xa creou outros 200.000 parados nin a financeira que anuncia -cando "se reajunten" todos os bancos e caixas- outros cento trinta mil despedimentos...
Se non lles gusta o que fan, por favor, cambien de cholllo...
Se lle gusta só a Merkel ¡márchense a Alemaña!

1 comentario:

Anónimo dixo...

Señores que no nos vuelvan a vender la moto nunca más. Que estas medidas son impuestas porque a la clase financiera y política fascista, que quieren aprovecharse de la crísis económica que ellos mismos provocaron. Quieren sacar un rendimiento aún mayor asustando a la población de que "esto es lo que hay" porque los mercados mandan. PERO SI LOS MERCADOS SON USTEDES PANDILLA DE SINVERÜENZAS, USTEDES SON LOS QUE SE HAN VENDIDO A LOS MERCADOS. Y esto es una excusa para quitarle el poder democrático (si es que ya nos queda alguno) al pueblo. A Grecia ya le han recomendado que no se celebren las próximas elecciones. TENEMOS QUE DARNOS CUENTA DE ADÓNDE NOS LLEVAN ESTOS FASCISTAS. NO PODEMOS DEJAR DE PROTESTAR O TODO ESTARÁ PERDIDO.
Los PPeperonis están pidiendo que se aplique una ley "Antiterrorista" a los que tuvieron actos violentos en Barcelona. No nos engañemos más, se aprovechan de que la mayoría está en contra de la violencia, y hacen aparecer que es una ley necesaria. Y NO LO ES, ya tenemos leyes para los vándalos. Señores, que empezamos así y nos aplicarán la ley antiterrorista a todos, como nos quieren quitar el derecho a huelga. Esto es otra artimaña de la ideología fascista del PP. Siguen aprovechandose de la buena fé de la gente que cree que lo hacen por protegerles, NO SE EQUIVOQUEN, A ESTOS FASCISTAS SOLO LES INTERESA ESPAÑA PARA QUEDARSELA ELLOS Y LOS ESPAÑOLES PARA SER SUS ESCLAVOS. Si alguien no tiene los ojos ya abiertos, espero que los esté abriendo, porque NOS ESTÁN ROBANDO LA DEMOCRACIA (o lo poco que ya queda de ella). Cuanto más intenten apalearnos,más nos defenderemos
HAY QUE PARARLOS YA!!!!
Y Mariano Rajoy de palmero con la Angela Merkel y el pueblo pasando hambre, menudo traidor.
HAY QUE PARARLOS YA!!!!