venres, 27 de xullo de 2012

SEN CONFIANZA OU VENDETA

As claves de todo o que está a pasar están en mans de alguén que move os fíos de acordo aos seus propios intereses que poden ser económicos ou políticos; nacionais ou europeos; falta de confianza ou vendeta. Unha persoa ou unha organización moi poderosa, moi orgullosa e moi soberbia diría eu; ou tamén poderiamos falar de moi irresponsable, moi avariciosa e moi insensible. Un amigo meu utilizaría un exabrupto que a todos seos acontece cando a perplexidade e a ignorancia nos abaten sen permitirnos unha palliña de comprensión ou de esperanza sobre o noso máis inmediato futuro.
Quen ten a solución, o Banco Central Europeo ou o Goberno de Mariano Rajoy? Xa se comprou débeda e non se solucionou o problema, din en Frankfurt sinalando algunhas partidas de gasto do presuposto español que se poderían recortar sen tocar os servizos básicos do Estado como a Sanidad, a Educación, os Servizos Sociais ou a Defensa. Claro!, o custo político de afrontar ese recorte dentro dunha profunda reforma das administracións públicas considérase nalgúns sectores do Executivo de Rajoy moito máis alto que a propia intervención total, que tampouco resultaría a panacea se non se adoptan as reformas das estruturas do Estado. Gota a gota, as comunidades autónomas van solicitando oficialmente a axuda do Fondo disposto polo Goberno.
Tras a Comunidade Valenciana vai a de Murcia, despois dun sainete de desmentidos absurdos, e outras tan relevantes como Cataluña sopesa tomar a mesma decisión. Podemos botar a culpa a Europa, que a ten en gran parte, pero hai que facer os deberes en España e hai que repartir os sacrificios e que non sexan sempre os mesmos os que tiren do carro e para elo fai falta un grande acordo entre todos, liderado pola maioría absoluta de Mariano Rajoy que é un activo que hai que xestionar con precisión e autoridade política dentro do consenso xeral. E para iso, hai que rematar coa desorde das comunidades autónomas que provoca gran desconfianza internacional cara a España se non se afronta unha revisión en profundidade de todas as administracións do Estado.
É a gran tarefa pendente agora.

1 comentario:

UN INDIGNADO dixo...

Pero para cuando un cambio en la política ejpañola, que estamos ciegos ante los eventos que ocurren día a día, en nuestro país, que hemos perdido la sensibilidad o es que ya nada importa una mierda, la gente con hambre en la calle, rebuscando en la basura algo que comer, desahuciados por un tubo, sin lugar donde dormir, echamos a la gente sin recursos a la calle, se siguen sumando familias que no pueden dar sus primeras necesidades a sus familiares, vamos directos a una guerra civil, el neoliberalismo nos ha destruido, ha sido un cañonazo a la linea de flotación, y creo que sera difícil muy difícil que sigamos a flote