venres, 24 de agosto de 2012

SEGUNDA TRANSICIÓN

Sempre serei partidario de dicir que os grandes cambios e evolucións sociais non dependen só da clase política que nos represente, senón que xorden e dependen tamén da necesidade dunha nova transición democrática que permita de forma recíproca, transparente e íntegra, que o conxunto da sociedade do noso país participe coordinada e activamente nas institucións.
Fai xa trinta e tres anos que coa Primeira Transición rexurdiu da propia sociedade española a necesidade de crear as bases máis sólidas do noso vixente Estado de Dereito para poder pasar dun réxime autoritario a unha democracia representativa coa aprobación do Proxecto de Reforma de Lei Política que permitiu a elaboración da Constitución do 78 e consensuar unha Amnistía Nacional que á súa vez, abriu o camiño cara a unha pluralidade política e social coa legalización dos partidos políticos e co sufraxio universal que permitiu e permite a participación cidadá nunhas eleccións democráticas e libres.
Hoxe por hoxe, máis que progresar dos grandes cambios e avances producidos polo primeiro Goberno da Transición, foise retrocedendo en valores e dereitos que como a Constitución do 78, quedou en papel mollado. De tal maneira que ata o Estado das Autonomías xa non é un sistema efectivo e eficiente que poida descentralizar o poder central do Estado cara a políticas e xestións que teñan a capacidade de poder chegar equitativa e coordinadamente a todos e cada un dos cidadáns do noso país. Porque en si, o que se necesita é un novo modelo de Estado que das autonomías delegue cara aos municipios con presupostos, competencias e recursos directamente transferidos ata ás máis pequenas poboacións censadas dos concellos para que a calidade dos servizos públicos poidan prestarse máis en igualdade de dereitos, condicións e oportunidades para cada cidadán que determinada pola desproporción territorial e do censo dos pequenos ou grandes municipios, producíndose así unha desigualdade na percepción dos presupostos, competencias e recursos entre uns e outros cidadáns.
Hoxe chegou o día no que a sociedade española está a manifestar a necesidade de poder levar a cabo unha segunda transición que vaia dunha democracia representativa a unha democracia participativa; e para facelo primeiro sería esencial recapitular a Constitución do 78 para poder consensuar unha Nova Constitución que vaia acorde aos novos tempos do século XXI. As novas xeracións necesitan un cambio no sistema constitucional democrático que identifique e dea maior protagonismo participativo nas políticas e xestións dos intereses comúns dos cidadáns nos diferentes sectores institucionais.
Os cidadáns non só deberan de ter o dereito de poder elixir o futuro do noso país cada catro anos, senón tamén a potestade de poder aprobar ou derrogar leis do Parlamento en asembleas populares que nos puidese permitir mediante web ou redes sociais, ratificar consensuadamente os proxectos e propostas que determinarán sobre os nosos propios destinos.

1 comentario:

DEMOCRACIA dixo...

En pocas ocasiones como en esta de la Transición española tendremos la oportunidad de contemplar cómo, demasiado frecuentemente, el relato histórico es algo construido por unas pocas personas y grupos en procura del cumplimiento de unos intereses propios, lo que por ser algo demasiado descarnado e insoportable debe ser elaborado en forma de manso relato oficial en donde aparece la nobleza de los móviles que llevan a unos y a otros a hacer lo que hacen por cuestiones, ya digo, inconfesadas e inconfesables. Por parte de los franquistas, frente al núcleo duro de los que querían la perpetuación del sistema, fueron más bien los protagonistas del proceso aquellos que quisieron dar al régimen una salida realista y pragmática. Esa alternativa requería revestir las cosas de cierta apariencia y mira por donde la llamada oposición democrática se avino a pactos en los que también sacaban tajada, de modo que hubo entendimiento, lo que justificaba las traiciones e imposturas de unos y otros, o sea, dieron con un fin y unos medios, lo que no es poco. El caso es que el franquismo quedó enquistado en la nueva criatura y los partidos, carentes de representatividad, se apropiaron del Estado, y llamaron a aquello democracia, aunque en realidad era una oligarquía de partidos.
Se trataba de impedir la realización esencial a todo sistema democrático, es decir, la libertad política, y así resultó una Ley electoral de diseño que excluía la representación ciudadana a la vez que se cercenaban cualquier instrumento de participación mediante consultas populares. Lo que dice ni más ni menos, la expresión de este régimen, lo que supone la negación de algo esencia a toda democracia, es decir, la posibilidad de poder remover a los representantes sin que haya que esperar a una nueva convocatoria electoral.
Es certero y esencial respecto del escamoteo de un debate público respecto de la crisis que obedientemente se ha limitado cómo acatar el dogma neoliberal para salir de ella sin siquiera considerarse las alternativas ciertas. ¿Cómo podría ser de otro modo si el espacio público hecho de trasparencia y deliberación es ya algo extinto? Con el alborozo de algunos, la colaboración de otros y la resignación de los más el Estado se ha privatizado y eso llamado política está siendo gestionado, del mismo modo que la economía por moody’s, por unas agencias privadas llamadas partidos políticos