martes, 4 de setembro de 2012

O BANCO MALO IRLANDÉS DERRUBA PISOS FROITO DA BURBULLA INMOBILIARIA

A ministra de Vivenda sinala que "se ninguén quere vivir neles, o máis práctico que se pode facer é demolelos.
Irlanda está a optar polas escavadoras, en lugar de polos banqueiros, para desfacerse do legado da expansión inmobiliaria cuxo colapso levou a súa economía ao bordo do desastre. Segundo cifras do Goberno, preto de 1.850 urbanizacións, que non chegaron a rematar despois do estalido da burbulla en 2008, motean a paisaxe irlandesa. Esta semana, o Organismo Nacional de Xestión de Activos de Irlanda [unha sorte de banco malo como o que planea crear España] fundado en 2009 para purgar as hipotecas inmobiliarias máis tóxicas dos bancos, iniciou a destrución dun bloque de apartamentos.
"Haberá algúns sitios nos que a decisión máis sensata que pode tomarse será demoler", dicía a ministra de Vivenda, Jan O'Sullivan, o pasado xullo. "Se ninguén quere vivir neles, entón o máis práctico que se pode facer é demoler o que hai".
As chamadas urbanizacións fantasma son a cicatriz máis visible que deixou a peor crise inmobiliaria de Europa occidental, que levou a Irlanda a secundar a Grecia e solicitar o rescate financeiro. Preto do 15% das vivendas irlandesas están baleiras, segundo cálculos do organismo de estatística do país. A preocupación acerca da seguridade destas urbanizacións aumentaron despois de que un neno se afogase a principios de ano nun depósito de auga dunha urbanización sen rematar.
Cuestións de seguridade

Un edificio en Longford, no centro de Irlanda, foi demolido o 18 xullo despois dunha explosión na rede de sumidoiros nunha das casas do terreo a principios deste ano. Preto de 553.000 casas foron construídas nunha década, ata 2005, nun país cuns 4,5 millóns de habitantes. Case 294.000 vivendas permanecen baleiras, e o seu prezo reduciuse á metade.
O organismo de xestión de activos (coñecido como NAMA, polas súas siglas en inglés) controla ou está vinculado con preto dun 10% das propiedades. Esta semana demoleu un bloque de apartamentos a uns 115 quilómetros de Dublín.
O Goberno e o NAMA destinaron oito millóns de euros, aproximadamente, para abordar os problemas de seguridade máis urxentes. Algunhas urbanizacións bloques serán demolidas e convertidas en terreos agrícolas. A ministra resalta o seu obxectivo: "desfacerse desta mancha nas nosas comunidades". EL PAIS

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Estamos tan acostumbrados a la demagogia, a la picaresca y a la farsa, que en cuanto un político listo presenta un proyecto con elocuencia, astucia y algo de gracia; le creemos inmediatamente, independientemente de los resultados que sus acciones tengan para el conjunto de los ciudadanos. Usamos las mismas varas de medir que las que se emplean en las películas para saber quienes son los buenos y los malos. Ya Mao en sus tiempos los empleaba en el simplote cine chino. Aquí parece que vamos para atrás y visto como nos quieren presentar la idea del banco malo, no me queda otro remedio que denunciar la farsa. ¿No comentan otra torpeza aún mayor que la primera, y piensen en cómo resolver el problema de las viviendas desocupadas? ¿No sean unos indigentes intelectuales? ¡Arreglen este desaguisado con inteligencia!

UNO dixo...

Eso es lo que habia que hacer aqui, derribar todos los edificios de más o alguno más para que volvamos a una mayor demanda que oferta y los pisos vuelvan a subir, para que el PP vuelva la modelo economico Mega exitoso del ladrillo. Asi conseguiriamos dos cosas que los parados trabajaran derribando pisos (con mazos para tardar mas y ocupar a más parados) y luego volviendo a construirlos porque hacen falta y que se acabara la crisis de financiacion porque volveriamos a las plusvalias que han financiado al estado y a los ayuntamientos. ¡Que listos son los irlandeses! Y que buen sueldo minimo (1600 euros/mes) a pesar de estar rescatados. Algo no funciona en la UE alemana.