sábado, 27 de outubro de 2012

OBREIRO?

A esquerda europea, a española neste caso debe sacudirse dunha vez por todas das eivas implantadas polo súa dirixencia e unha delas é a social-democracia vil traidora dos seus propios principios para pactar coa dereita e a oligarquía financeira e parasita e así se asegurar a permanencia no poder alternativo bipartidista.
O oportunismo da socialdemocracia europea leva consigo o xerme da súa enfermidade que é terminal porque non pode ser saneada, impídeno os xermes que a infectaron dende máis de tres décadas cando "renunciaron" á loita de clases e entraron no pacto social co explotador escravista empresarial e capitalista.
A socialdemocracia prestouse ao xogo neoliberal, imperial e neocolonial facéndose cómplice político dos latrocinios do seu brazo armado OTAN e hoxe pagará moi caro por esa traizón que a ata un neno de escola.
Ou se poñen ao lado do que o seu slogan di "OBREIRO" ou cámbianlle o nome e póñenlle "empresario" pois non hai medias tintas, esas pasan tamén a conta como o senor Rubalcaba acaba de ver nas pasadas eleccións fai só dias.

Ningún comentario: