venres, 2 de novembro de 2012

O PSOE ESTÁ SORDO

A xordeira pode ser de nacemento ou sobrevida por unha enfermidade ou un accidente. No caso do partido socialista, como de tantos outros, descoñezo cal foi a causa pero non condiciona o diagnóstico: xordeira profunda. Xordeira evidenciada xa dende hai algúns anos. Agora parece que iniciou tamén unha perdida de visión galopante. A agudeza visual totalmente perdida.
Tanto a xordeira coma a cegueira ou ambas as dúas (sordoceguera), contan con linguaxes que permiten, non sen dificultade, establecer vías de comunicación que facilitan a recepción de mensaxes. Con esforzo e dedicación, pódense adquirir habilidades e formación en lingua de signos.
O partido socialista demostra día a día que non coñece a lingua de signos e, algo peor, que non demostra a máis mínima vontade de aprendela, moito menos interpretala e actuar en consecuencia. E a cidadanía non hai máis que enviar signos de auxilio.
Tarde será o día que asuman a total falta de credibilidade que neste momento reciben da cidadanía. Rematou para eles o tempo de esperar a que o outro falle para que eu poida substituílo, como única estratexia política. Sempre, sempre, sen autocrítica, sen revisar o modelo de partido, a organización, o acceso aos postos institucionais, o proxecto de Estado, a estratexia participativa, a democracia interna.
E, mentres, os populares pletóricos co seu respaldo (por falta de contrincante), os nacionalistas excluíntes buscando mellores e maiores contrapartidas económicas para os seus territorios e as súas elites (que non para os seus cidadáns da pé), e o resto de cidadáns cunha man diante e outra detrás. O día que intenten aprender a lingua de signos, será tarde: os cidadáns teremos construído unha nova linguaxe, espero e desexo, solidario e xeneroso para todos, oíntes e xordos. - 

4 comentarios:

UN INDIGNADO dixo...

La falta de democracia interna dentro del P$O le va a conducir a quedar como un partido residual. Hay que aplicar esa meritocracia tan denostada por Zapatero, aquéllos que trabajen y sean capaces de ofrecer algo nuevo efectivo eilusionante para los desheredados son los únicos que habrían de presentarse a las elecciones. Viendo lo que se nos ofrece, seguirán cosechando malos resultados. Lo grave es que no hay alternativa a la política de tierra quemada del PP ante el panorama que ofrece la llamada izquierda.

Anónimo dixo...

Pues se debería de plantear, no solo por el bien del PSOE sino por el bien de la sociedad española en general, esta dirección esta QUEMADA, no hay PERSONAS ni IDEAS que ilusionen al votante del PSOE, con lo cual lo único que consiguen es la dispersión del voto de izquierda en varias formaciones y la abstención de gran parte de su electorado y entre tanto el PP sigue destrozando lo poco o mucho que se había conseguido, sin perspectivas de que se pueda acabar con sus políticas destructivas de lo publico,
Deben de cambiar la dirección de las políticas y las personas si queremos defender lo que nos están robando desde los gobiernos nacional y autonómicos.

DEMOCRACIA dixo...

El PSOE no es ninguna referencia de la izquierda porque hace muchos pero muchos años que no es un partido de izquierdas.
En el estado hay que buscar referentes de la izquierda, diferentes al PSOE, seria una enorme torpeza esperar a que este partido cambie su aptitud con la clase dirigente que tiene, unos dirigentes que no les tiembla el pulso para arruinar a la clase trabajadora para beneficio de la gran patronal y la banca a la cual indulta de condenas judiciales, un partido que no ha dudado en pactar con la ultraderecha como en el caso de Euskal Herria tanto con el PP como con el representante del opus UPN, este PSOE no puede ser ninguna referencia de la izquierda en el estado.
Hay que buscar referentes claros de izquierda en el estado y agrupar todo ese descontento que hay, ante tanta injusticia en la política española por parte del PP y del PSOE.

ANGEL dixo...

Cambio de persoas non basta. Voces autorizadas din que é precisa unha "refundación". O primeiro é tirarlle o "O" de obreiro e volver ao PSE de Tierno Galván. O "O" engadiuna Felipe González para que o partido semellara mais popular (ou populista) Joaquin Leguina afirmou fai pouco: "La mayor parte de los actuales dirigentes del partido, no han frabajado nunca". Si el o di. O certo é que este partido cada vez está mais lonxe do pobo e por conseguinte dos votos. Eles saberán