xoves, 1 de novembro de 2012

A CULPA

Ninguén pediu perdón polas faltas cometidas, polos erros políticos, empresariais, financeiras, por meter a man ou a pata.
¡Agora resulta que a culpa é dos chineses! Dinnos que a vasta rede de contrabando e branqueo de diñeiro da Operación Emperador distorsionaba a economía española, e como proba mostran carriños de supermercado cheos de billetes, a máis perfecta representación do roubo a mansalva. ¿A mensaxe subliminal? Nin o frenesí financeiro nin a burbulla do ladrillo nin os atropelos políticos nin os especuladores son responsables desta noxenta crise: foron eles, os chineses, reconocidísimos viláns dende Fu Manchú. ¡E enriba a trama está decorada cun actor porno! Sexo e pasta: unha combinación de innegable éxito comercial. É unha operación policial que parece deseñada por Santiago Segura para o seu próximo Torrente. Considero que a caída da banda é un gran logro das forzas de seguridade, dígoo de verdade e sen pitorreo, pero, vendo a noticia na tele, Julia, a miña asistenta, nacida en Perú, comentou con fatal sabedoría: "Ah, isto é como no meu país: cando as cousas van moi mal, sempre sacan unha destas noticias para que a xente se esqueza dos seus problemas". Pero o peor é que, se se nos dá tan ben isto de culpar da crise os malvados chineses, por exemplo, ou á falta de imaxinación duns parados que non saben reciclarse, ou a eses empregados tan egoístas que se empeñan en non lles facilitar as cousas aos seus empresarios para que poidan despedilos comodamente; se nos é tan doado acusar a todo quisque, digo, é porque en España a culpa anda solta, quero dicir que a pobre culpa vaga como can sen amo sen que ninguén a haxa feito súa aínda. Aquí estamos, afundidos no lama ata as cellas e ninguén dixo aínda: síntoo. Ninguén pediu perdón polas faltas cometidas, polos erros políticos, empresariais, financeiras, por meter a man ou a pata. Sinceiramente, creo que axudaría moito que alguén o fixese. Rosa Montero

Ningún comentario: