Cada vez está máis claro que estes políticos que non asumen as súas responsabilidades coa corrupción son os mesmos políticos covardes que non defenden ao seu pobo fronte a esta crise, que non é outra cousa que a guerra dos financeiros contra toda clase social española, portuguesa, grega, irlandesa... europea en definitiva.
Só gardan o seu mies, o seu interese. É evidente que estes políticos covardes non nos representan e por desgraza nunca o fixeron. Non merecemos que estes políticos continúen esnaquizando a tantas persoas, mulleres, anciáns, nenos... a todos. Porque son covardes e sempre o foron. Porque non son dos nosos, son do seu. Hai que facer algo xa, non se pode quedar en meras folgas que só prexudican ao traballador que perde o seu xornal e eles vano a seguir administrando. O que verdadeiramente sobran son estes administradores, defraudadores, corruptos, que non son nin políticos. Temo moito polos meus fillos, releo a historia recente e isto cada vez ten peor pinta. Os policías, os militares, os xuíces, os políticos, certos medios de co-rrup-municación tampouco serven aos cidadáns. A miña indignación xa non pode crecer máis. Os nosos aforros xa non existen, a nosa xubilación colga do beirado colgada dun fío, os nosos hospitais privatízanse, e eles están alí coas súas xestoras montadas, familiares dos dirixentes actuais do PP, desmóntase unha educación pública, para que outras falsas cooperativas estean montadas para repartirse o pastel. ¿Pero é que ninguén o ve que non se pode deixar a estes ladróns que nos sigan gobernando? Que veñen a por nós e os nosos fillos.
Que estamos indefensos, desamparados...
Ningún comentario:
Publicar un comentario