luns, 24 de decembro de 2012

EQUIVÓCASE SEÑOR XUÍZ

Ao presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial, Gonzalo Moliner, non lle gusta viaxar en turista. E non é porque sexa alto como Pau Gasol e non lle caiban as pernas no oco do asento. É porque viaxar en turista, segundo el, non é a mellor imaxe para o Presidente do Poder Xudicial e o Tribunal Supremo, un cargo que "é moi importante e que necesita certo recoñecemento".
Equivócase, señor Xuez. Aínda que o seu cargo é moi importante e necesita certo recoñecemento, non é precisamente o recoñecemento que vostede pide. Coa crise que temos enriba, o pobo agradecería moito que o presidente dos xuíces, co importante que é o seu cargo, estivese moi feliz viaxando en turista. E estimaría sobremanera que o poder xudicial non alternase tanto co poder do diñeiro ou co poder político.
Equivócase señor xuíz. Viaxar en turista dá unha excelente imaxe á xustiza. Non hai nada máis exemplar que un xuíz que vive sinxelamente, porque iso quere dicir que é incorruptible.
Esa é xustamente a imaxe da xustiza que desexa o pobo, a imaxe dunha honestidade a toda proba, que se solidariza cos que están abaixo e pon firmes os de arriba. Non se queixe tanto, señor xuíz, porque se está a equivocar

Ningún comentario: