martes, 25 de decembro de 2012

FELIZ NADAL

Aos culpables, aos corruptos, aos indiferentes, aos insolidarios, aos mentireiros, o único que lles desexo é que se intoxiquen cunha ostra xusticeira.
Aos que loitan pola dignidade de todos. Aos folguistas da sanidade pública, aos combatentes da marea verde, aos investigadores e científicos que non queren emigrar, aos traballadores da Canle Nou, aos de Telemadrid, a todos os xornalistas que non renunciaron ao seu oficio, aos voluntarios que pairan os desafiuzamentos, aos xuíces que se negan a que a xustiza se converta nun privilexio, aos farmacéuticos que se pasan a lei pola torera, aos que traballan gratis en calquera sector para manter en pé os servizos que este Goberno está a arrebatar aos cidadáns cuxos intereses debería protexer, aos que se mobilizan, aos que se indignan, aos que protestan por eles e polos demais.
Aos pequenos heroes da vida cotiá. Aos pensionistas que manteñen os seus fillos no paro cunha pensión raquítica. Aos avós que esta noite cearán unha tortilla francesa para que os seus netos non queden sen xoguetes. Ás cociñeiras que farán milagres co diñeiro que hai pouco gastaban só en turrón. Aos que cantan e bailan cun sapo atravesado na garganta. Aos que van contribuír a acender as luces das súas casas coa miseria que cobrarán o 8 de xaneiro por vinte días de traballo temporal, servindo mesas ou empaquetando regalos. Aos que recordan Nadal moito máis pobre, e se estrañan de que estas nos dean tanto medo.
Aos que o están a pasar mal. Aos que non teñen traballo, aos que non ven a luz, aos que non dormen polas noites, os que senten que lles roubaron o futuro. A todos eles, calquera que sexa o significado desas palabras neste ano maldito, feliz Nadal. Aos demais, non. Aos culpables, aos corruptos, aos indiferentes, aos insolidarios, aos mentireiros, o único que lles desexo é que se intoxiquen cunha ostra xusticeira. Ogallá.

Ningún comentario: