domingo, 16 de decembro de 2012

NON CHEGOU A PAZ, CHEGOU A VICTORIA

Algo parecido pasa coa nosa transición, onde non chegou a concordia, senón que a discordia se inseriu na democracia gañada nas rúas e rendida nas mesas de negociación. Non hai que falar do modelo territorial, esas nacións escondidas como nacionalidades, e eses artigos que garanten o exército a defensa da unidade "indivisible" do territorio español (os habitantes non contan para decidir) e o artigo 155 que permite ao Goberno suspender os poderes dunha Comunidade Autónoma. As lagoas multiplícanse por todos lados e os dereitos só se recoñecen a título formal, sen declarar instrumentos para os seus sostemento e fortalecemento como garantía da cohesión social e política.
Esta tese da "volta á concordia" é sostida, sobre todo, polos homes de Estado, como Aznar ou Felipe González. Especial estupor causa o caso do primeiro, muchachote falanxista durante a transición que consideraba a Constitución unha rendición da España eterna ante os perdedores da guerra, aínda considerados a " anti-España". E é aínda máis sorprendente cuandos e comproba que a súa chegada ao poder, primeiro en Castela e León e logo á Moncloa, baseouse en estratexias propias de conspiradores e políticos bananeiros, mediante acusacións falsas de corrupción, conspiracións con medios de comunicación e unha linguaxe máis propia das tabernas que da area política.
Polo tanto, a mítica concordia que nunca existiu hai que abandonala do discurso político. E hai que esixir unha maior intransixencia e na consideración de demócratas ou non dos nosos políticos. Un exemplo: non se debería consentir que destacados membros do PP participen en cadeas de televisión de marcado carácter fascistoide, en cuxas ondas se insinuaron proclamas golpistas, especialmente en referencia a Catalunya ou Euskadi. Non é de recibo e así deberiamos esixirllo ao PP. Non é unha cuestión de liberdade de expresión (pódense expresar igualmente en medios conservadores como Antena 3 ou Telecinco ou en calquera outro doutra orientación), senón de convicción democrática. Non se pode seguir rendendo obediencia a un personaxe como Aznar que se comportou como calquera sátrapa bananeiro en relación cun medio de comunicación porque non se rendía aos seus ditados.
Abonda xa de alimentar realidades que nunca existiron.

Ningún comentario: