mércores, 5 de decembro de 2012

POLÍTICOS E BANQUEIROS

Os bancos recibirán máis diñeiro, sempre máis diñeiro, o noso, o que pagamos cos nosos impostos; porque nós, os traballadores, pagamos por traballar e eles cobran do noso traballo tanto máis, canto máis medran. Os bancos son insaciables na súa ambición e non lles importa a situación das familias sempre e cando os seus amos, os ricos, reciban o que os cidadáns da pé perden.
Pedir aos responsables ou aos seus "mandados" (servidores) que denuncien a súa propia responsabilidade, culpable é un despropósito lóxico. A responsabilidade disípase cando o responsable ou o seu "mandado" é o que decide a responsabilidade derivada das accións "robatorias" (palabra proposta para usarse en lugar de accións bancarias)
E pregúntome: Son realmente tan ineficaces os banqueiros e os seus políticos ou realmente é unha estratexia para desplumarnos?
Reflexionemos un pouco:
Os préstamos ou subvencións dos bancos, moitas veces condonados ou recheos de facilidades, son un investimento para afectar as decisións políticas. A vontade dos partidos é comprada de forma descarada por medio de subvencións e préstamos a fondo perdido e máis que perdido. Deste xeito asegúranse o apoio político para as súas draconianas e abusivas medidas económicas en contra sempre do cidadán.
Os partidos políticos son aparatos burocratizados cuxo único obxectivo é alcanzar e consolidar o poder e instalarse nun estado de corrupción xeneralizado onde o que mais pode, mais rouba. Para lograr o poder, primeiro hai ser elixido e aquí entra en acción o mecanismo manipulador das masas, necesario para gañar as eleccións. Para iso requírense promesas e mais promesas que ao final non son máis que mentiras que se contan cada vez que abren a boca e que se desmenten en canto se ten o goberno.
A finalidade dos políticos, que hai moito tempo perderon os seus ideais, se é que algunha vez tiveron algún, é medrar grazas ás oportunidades que dá a política de estar no sitio onde se toman as decisións económicas.
Finalmente, a cuestión a resolver, é que necesitamos partidos e políticos con integridade moral para sacar adiante a España (a este país), xa que, hoxe en día, os líderes dos partidos políticos, os gobernantes do Estado se converteron nos servís representantes dos poderes fácticos: os ricos, os financeiros, a banca e xa sabemos o que estes queren e do que son capaces. DOREMA

Ningún comentario: