venres, 4 de xaneiro de 2013

INDULTOS

O Goberno español indulta os seus e manipula as baixas paixóns para facer crer á sociedade que a cadea perpetua é a máxima garantía de xustiza. Quere encerrar a quen protesta pacificamente e usa á forza para impedir o exercicio dos dereitos de reunión e manifestación. Protexe os seus delincuentes, corruptos, defraudadores, evasores ou desahuciadores.
Prostitúe a súa potestade de perdoar para garantir a impunidade dos seus torturadores, funcionarios eficientes que cumpren ordes. As elites políticas son servidoras dos seus amos financeiros que lles garanten postos en consellos de administración e unhas envexables condicións de vida e os uniformados sono dos gobernos que lles garanten impunidade cando delinquen, mesmo contra o criterio dos xuíces.
TVE pon as imaxes da malleira propinada a un detido nunha comisaría en Rusia e esquiva a que foi vítima un cidadán romanés noutra de Barcelona. Visitan ao compañeiro Ángel Carromero, con 45 multas de tráfico, o carné de conducir retirado e condenado por homicidio en Cuba por condución inapropiada.
Hai máis de 2.400 reclusos cumprindo condenas en cárceres estranxeiras. Negan o indulto a David Reboredo, un extoxicómano ao que lle caeron sete anos por mover uns gramos de cabalo.

Ningún comentario: