domingo, 3 de febreiro de 2013

O POLÍTICO CORRUPTO

É evidente, unha das causas da corrupción, ademais da ambición desmedida e a falta de moral dos corruptos, é a aprobación ou polo menos, a tolerancia a falta de rexeitamento dos partidos involucrados de sistemas como a Gürtel, incluídos tesoureiros e; o máis grave, o pagamento aos políticos de alto nivel con diñeiro negro, e isto é só un exemplo, pois non só alcanza ao partido do goberno, os partidos nacionalistas, e os de oposición non se quedan curtos nesta carreira.
Dise e repítese que non todos son corruptos que son uns poucos, pero non o creo así; os políticos moralmente íntegros son apartados e condénase ao ostracismo xa que non son confiables ao poder, aos líderes que manexan a organización. impregnados pola corrupción ata os ósos. Despois de todo, non hai nada máis servil, pelota e arrivista que un político corrupto ou que, polas súas calidades morais sexa doadamente corrompible; ademais, hai que dicir que unha boa cantidade destes espécimes se meteron en política con ánimo de medrar, de enriquecerse a custa do público. Posiblemente hai políticos honrados, tamén o creo, pero hai que encontralos e darlles o voto e o poder coa esperanza que non caian na tentación do enriquecemento fácil polo medio da bolsa pública.
Poucas cousas encontro máis repulsivas que ver, nas noticias do parlamento, os caretos, máis que satisfeitos, dos servís deputados rodeando ao seu máis que mediocre presidente con aprobación manifesta; de forma que se podería dicir; case, que aplauden coas orellas en lugar de utilizar as mans que polo visto só utilizan para medrar, Estos repugnantes deputados, nunca critican e moito menos autocritícanse; de feito teñen menos eficacia que unha simple máquina de votar que tivese tres botóns a picar segundo as ordes do líder, - si - non - abstención-.
Estes impresentables, para redondear as súas obrigas na cámara, mostran constantemente un irónico sorriso, mentres, de cando en vez, berran ¡¡que se fodan!! ou outras lindezas, perlas didácticas dirixidas á oposición, que, mentres tanto, se rompe os cornos contra o abeiro da maioría absoluta aínda que, moitos deles, están á espera da súa oportunidade, envexosos de non poder medrar tanto; pois a bolsa a meter man está no poder. DOREMA

Ningún comentario: