venres, 1 de marzo de 2013

CONTRA A CORRUPCIÓN, LISTAS ABERTAS

Luis del Olmo
Coa crise institucional que temos enriba, moitos cidadáns fanse esta pregunta: Habería tanta
corrupción política se tivésemos listas abertas? A resposta é contundente. Por suposto, que non.
O pasado venres, na entrevista que mantiven co expresidente Felipe González, unha das súas reaccións que máis celebrei foi a determinación con que se mostrou partidario das listas abertas. Algo exemplar, vindo dun home de partido, que dende o partido e co partido, chegou onde chegou. Agora coa experiencia dos anos, Felipe González converteuse nun ardente defensor das listas abertas que limitan o poder dos partidos. E xustificou a súa actitude cunha argumentación contundente: Un cidadán ten dereito a riscar a quen non quere votar.
Aí está o auténtico "dereito a decidir" que os partidos están a negar ao votante, ao manter as súas listas pechadas e bloqueadas. Se as abrisen, os partidos perderían poder e influencia, deixarían de ser tan grandes, e por ende a corrupción non se estendería como unha epidemia descontrolada. Cos partidos pechados a cal e canto, a corrupción contaxia a todo o conxunto e pagan xustos por pecadores, porque o cidadán, no seu día, non puido elixir uns e rexeitar os outros.
Os partidos políticos naceron para fortalecer o voto dos cidadáns e con iso, reafirmar a democracia, pero a lei electoral cambiou o sentido das cousas, e agora o voto dos cidadáns fortalece os partidos políticos e con iso, debilita a democracia.
É hora de limpar o aire viciado. Contra a corrupción política, listas abertas, xa.

Ningún comentario: