martes, 23 de abril de 2013

O EFECTO FALCIANI

A relaxación total, a anomia máis absoluta do sistema capitalista, fai que un gris empregado do HSBC acha podido conseguir uns arquivos internos dunha gran trama de delincuencia financeira e unha lección aos cidadáns de en mans de quen estamos. Estímase que nos 130.000 informes que manexa Falciani, o valor total dos fondos ascende a un cuarto de billón de euros.
Un cuarto de billón de euros de diñeiro defraudado, de diñeiro negro, de diñeiro máis negro e seguro que tamén de diñeiro negro.
Pero como pode ter estes fallos, tan parvos, o capitalismo desestabilizador e golpista?
Desestabilizador dos sistemas económicos baseados na economía real e no esforzo diario, na economía que produce, paga impostos, e obtén plusvalías necesarias para manter o propio sistema.
Golpista porque pon en perigo dunha forma estratéxica os estados de dereito, os sistemas sociais consolidados e a supervivencia da clase media.
Como se poden apancar un cuarto de billón de euros e que non pase nada? De que tipo de negocios ou sectores estamos falando para poder subtraer cuarto de billón de euros e non se decate ninguén?
Pero a realidade é que en 130.000 contas, que non persoas, hai depositados un cuarto de billón de euros, insisto coa cifra, porque me resulta icónica, simbólica e sobre todo imposible de xestionar mentalmente.
A zona euro mobiliza case 250.000 millóns de euros en préstamos, avais e quita á banca para resolver a crise grega e frear o contaxio, esa é a mesma cantidade que teñen uns miles de persoas en contas opacas e escuras, que agora saca á luz o tal Falciani.
Só fago preguntas, xa o sei, pero é dende a máis absoluta perplexidade, tería que resucitar Maimónides para sacarme do meu asombro.
Pero no fondo, o que é máis hilarante, é comprobar a cachaza, a tranquilidade obscena, que ostentan estes piratas da globalización que teñen tanta seguridade nun sistema corrupto e en metástase permanente, para nin sequera ter que controlar os sistemas de seguridade, para seguir vivindo na súa impunidade, e que un empleaducho, un tal Falciani, non lles poña en xaque ou polo menos ser un pouco máis xenerosos e ter moito mellor pagados aos Falciani que traballan para eles, para que non os traizoen.
Pero a realidade é que como o mundo é seu, lles pertence, non farán nin unha cousa nin outra.
Non será unha estratexia para que nos quede claro dunha vez por todas, de que non hai nada que facer, que estamos nas súas mans, imos que nos rendamos e gocemos?.
En calquera caso ojala xurdan miles de Falciani e desenmascaren a millóns de evasores e piratas e que aínda que non sirva para nada, polo menos que se sentan uns días, intranquilos e incómodos.

Ningún comentario: