sábado, 11 de maio de 2013

COSPEDAL DISIMULA

Recordan o do despedimento simulado con marcha atrás? Agora a señora avogada do Estado (que bochorno, oia) disimula a súa congoxa ante as enquisas e a voz, cada vez máis irada da rúa, pedindo "aos que berran, pancarta en man, que se organicen en partidos e se presente ás eleccións para que se poidan contar os seus apoios e votos,".
Sen dúbida dona Dolores refírese a "os compañeiros de viaxe" que lles acompañan nas súas escapadas á rúa, cruz e espada en man, para protestar polas medidas que garanten a igualdade dos cidadáns, sexa cal sexa o seu credo, e -nesa proximidade que nos chegou baixo palio nos escuros anos da ditadura- queren seguir tendo a culler polo mango.
O PP, que cada vez perde máis fuelle e está a pagar a corrupción, o paro -que suma cada vez máis dende que puxeron en marcha as medidas milagrosas, nas que non cree nin Deus- angustiado polos resultados que golpean mes a mes a realidade, cambia a súa fe nos ministros polo Apóstolo Santiago, a Virxe do Rocio e Santa Rita que, de momento, contestaron, fieis ao refrán, que "isto é imposible, mentres sigan esas mañas".
Por iso encontramos aos populares disimulando o despedimento co que o recompensan os cidadáns nas enquisas (un 87% rexeita o seu programa, os seus ministros, o seu xefe de filas mesmo o voo do paxaro) e dándose á bebida.
Primeiro foi don Mariano con aquel "que viva o viño" que, con gran coña, repiten os humoristas da SER. Logo o "pepero" dedicado a vixiar os excesos do tráfico. No medio Aznar eructando que a el, ninguén lle poñía couto ás copas e así, baixo ese slogan, outros tantos ata chegar a MAR (Miguel Ángel Rodríguez) man dereita -¡larga man, vive Dios!- do homiño insufrible e beneficiario de xenerosas recompensan publicitarias para a súa axencia, que a familia non abandona nunca aos seus.
Por iso Cospedal disimula
.

Ningún comentario: