martes, 11 de xuño de 2013

O NIVEL DOS POLÍTICOS

O nivel dos políticos en España é lamentable. Dende hai anos escoitamos oitos cidadáns formular esta queixa. Este sentimento popular confírmase con numerosos estudos e enquisas, onde se valora os políticos como un dos principais problemas de España e se lles puntúa con suspensos clamorosos.
 A política non se conforma unicamente coas persoas que exercen postos de representación ou de dirección nos partidos, senón que tamén a integran os xornalistas, os medios de comunicación, os líderes xeradores de opinión, os líderes dos traballadores, dos empresarios, e todos os cidadáns opinen ou non e participen ou non no debate político.
É evidente que aqueles que se dedican á política veñen dando mostras do baixo nivel dos políticos en todos os partidos. Non podemos deixar de recoñecer esta situación, que é moito máis grave precisamente polo grao de exemplaridade que deben asumir os que se dedican a este labor.
Pero o debate sobre o nivel da política en España debe ir moito máis alá.
Os xornalistas e os medios de comunicación, que en moitos casos exhiben un grao de dependencia ideolóxica, partidista e mesmo persoal desorbitado, non axudan a que a información e o debate público gozo do nivel e calidade que debe ter. Se partimos de información incorrecta, non veraz, incompleta, e en ocasións manipulada, o resto do debate non pode ter o nivel axeitado.Os xeradores de opinión, xa sexa xornalistas, líderes de movementos sociais ou personaxes mediáticos de calquera índole responden en moitas ocasións a intereses moi particulares que condicionan claramente as súas opinións e posicionamentos. Non existen practicamente líderes que opinen en liberdade e con criterio propio sobre asuntos do debate político.En canto aos líderes dos traballadores de todos os ámbitos, dise que parecen inmersos dende hai anos en posicións defensivas moi conservadoras, máis preocupados por preservar os dereitos dos traballadores aplicando estratexias do século XIX que por participar nun debate político do século XXI, con modernidade e visión de futuro. É evidente que neste caso a forte crise económica e as políticas laborais retrógradas obrigaron os sindicatos a situarse neste tipo de estratexias, sen ter marxe para elevar o nivel dos seus posicionamentos no debate político do país.
Os representantes empresariais veñen sufrindo condenas xudiciais por malas prácticas e resultados empresariais nefastos, sen que isto sexa óbice para que sigan atrevéndose a opinar sobre como se debe xestionar o país. Os líderes dos empresarios representan un empresariado que busca máis beneficios hoxe, en vez dun maior valor da súa empresa mañá. Por iso defenden despedimento libre, recorte de dereitos, etc. Só buscan o bonus de decembro, sen importarlles que a empresa peche en xaneiro. Moitas veces fálase do baixo nivel da produtividade en España, e responsabilízase unicamente os traballadores, esquecendo a produtividade empresarial, é dicir a eficacia dos que organizan os factores de produción. Afortunadamente os empresarios españois non son así na súa maioría. Non obstante, os voceiros que dispoñen de micrófonos mediáticos se o son, e os utilizan para intoxicar o debate púbico.
Por último, encontrámonos os cidadáns, que como suxeitos políticos forman parte do sistema político español, e polo tanto determinan tamén o nivel político do país. As opinións e forma de actuar dos cidadáns veñen moi condicionadas por todos os colectivos sinalados anteriormente. Non obstante, isto non é escusa para non esixir aos cidadáns un nivel mínimo de formación, información, respecto e responsabilidade á hora de participar no debate político. Se os cidadáns non entenden o seu papel no sistema político nin asumen a responsabilidade das súas accións e expresións o nivel da política en España pode mellorar.
Todos estes suxeitos políticos son corresponsables da situación e do nivel da política española. Agora ben, é evidente que non todos teñen o mesmo grao de responsabilidade.
Os principais responsables desta situación son, sen dúbida, quen se dedican ou se dedicaron á política nos últimos anos.
En España sufrimos un circulo vicioso moi perverso que condiciona todo o sistema. A valoración dos políticos é baixa e o ataque xeneralizado que sofren supón un tremendo desincentivo para que xente con elevado talento e capacidade se dedique á política. Como moita xente brillante renuncia a estar en política, o nivel medio é menor, e como consecuencia a crítica xeneralizada aínda maior. E así o ciclo comeza de novo.
Por suposto que hai cidadáns brillantes que se dedican a funcións políticas, pero ninguén pode negar que moitos cidadáns moi valiosos, capaces e con experiencia acreditada, malia ter vocación política, declinan participar en procesos políticos polos fortes desincentivos que existen.
Moitos destes cidadáns optan por opositar, por dedicarse a traballar no sector privado, con mellores retribucións e menor desprestixio social, ou por traballar no estranxeiro, xa sexa en funcións públicas ou privadas.
Por outro lado, nos principais partidos políticos militan numerosos cidadáns con excelentes perfís e que poderían achegar con éxito as súas capacidades a labores de xestión pública. Non obstante, estes recursos humanos son xeralmente desaproveitados, xa sexa pola escasa ambición destes militantes (desincentivados polo explicado anteriormente) ou por un sistema electoral e de selección de cargos públicos que non premia nin fomenta a capacidade e o talento.É imprescindible romper con esta situación. Pero esta tarefa non resulta sinxela. Só un forte liderado e unha gran vocación política por parte dunha nova xeración honesta, nobre e valente pode dar o salto necesario que precisa este país.Como vedes son moi crítico coa situación actual, pero tamén moi optimista respecto ao futuro. Vexo unha xeración que no medio prazo vai ter a sa ambición, a vocación e a honestidade de asumir con humildade o papel que lle corresponde. Esta xeración romperá con este círculo vicioso perverso, e saberá aproveitar o capital humano dos partidos e da sociedade. E farano sen os complexos que existen hoxe en día, e contando tamén con persoas moi valiosas da xeración actual que achegarán a súa experiencia e coñecemento.Moitos pensaredes que se trata dunha utopía ou dun sono inalcanzable. Ben, é posible que teñades razón.
Pero como di un bo amigo, na situación actual non nos queda outra que soñar e traballar. Eu dende logo non só non me resigno, senón que aposto claramente por este proceso e por este futuro.
Se queremos que as cousas cambien necesitamos esperanza, enerxía e tamén soñadores con algo de inxenuidade.
Para conseguilo correspóndenos apoiar a xente nobre e honesta que demostra capacidade, compromiso e valor. Que os hai, e moitos. Temos que axudalos na súa formación política e no seu camiño. Esta simple e humilde tarefa é a que me apetece e me ilusiona levar a cabo, e para a que vos pido a todos a vosa colaboración.
Poñamos enerxía, esperanza e algo de inxenuidade.


Ningún comentario: