Alguén
se acorda, non hai tanto, cando criamos que España apostara
correctamente, por ser un exemplo de democracia participativa, social
e moderna. Case me parece o reflexo dunha ilusión. O, o que é
peor, unha estafa social.
Dende
os anos setenta, moitos, os máis, cremos que estabamos a construír
un edificio sólido, estable, sensible ao social, crente nos valores
da xustiza e a igualdade, competente, resistente, vulnerable si pero
sen chegar a un risco de ruptura.
Mira
por onde, a crise económica mundial nos sacode de forma brutal.
Ponse de manifesto a fraxilidade das estruturas, das institucións do
estado de dereito.
Fállannos
a Xefatura do Estado, un goberno que non goberna para todos senón
utilizando o rolo da maioría absoluta alcanzada sobre as mentiras,
un poder xudicial lento e opaco, un parlamento secuestrado polas súas
propias ansias de perpetuarse na poltrona.
Os
partidos políticos, mal que nos pese, ládranse pero non se morden.
Os políticos encontraron un novo emprego que, ademais, consideran
vitalicio: Entrar nas listas de algo dalgún partido político.
Conseguido isto, o demais é doado. Só hai que ser como a arcilla e
adaptarse aos mandos.
Triste?
Decepcionante? É irritante.
Os
golpes baixos que se dan uns a outros están feitos por
especialistas. Non doen de verdade. Na trastenda todo se pastelea.
A ver, se son negativa, que alguén me dea nomes, exemplos de
transparencia política e persoal, que alguén me tire das orellas e
reláteme un listado completo de coherencia e honradez política e
persoal.
Como
non se trata de cuestionar a democracia como a mellor forma de
establecer as regras do rogo, vou dar un paso a favor da constitución
dun goberno de coalición.
Quero
que os partidos políticos, que din representarnos a todos aínda que
nós o dubidemos, se sumen a un compromiso de goberno, vincúlense a
unha folla de ruta non escrita nin por Angela Merkel nin
polas escuras interioridades dos poderes económicos.
Gustaríame
que todos os partidos políticos (grandes e pequenos, nacionalistas e
non nacionalistas) asinen un novo contrato social.
As
súas cláusulas principais son as elementais, as primarias: medidas
directas para o crecemento económico, fomento da actividade
emprendedora, redimensionamento do estado das autonomías, medidas
activas de emprego e mantemento do sistema público de saúde,
educación, pensións e dependencias.
Trátase
ou debe tratarse dun contrato sen letra pequena. Sen
"revolving doors". Quen entre en política que entre
voluntariamente e que saiba dende xa que o seu paso será temporal,
que logo terá que saír ao mercado laboral e proseguir a súa vida
como un cidadán máis, cada un coa súa mochila de estudos e de
habilidades profesionais.
Os
recursos que saian das xubilacións e sobresoldos que non se van
levar nin políticos, nin banqueiros nin afíns. Do que non vai ser
adxudicado a dedo e a sobreprecio. Da eficacia e eficiencia das
administracións públicas. Da desaparición de asesores e demais
familias homólogas que se multiplicaron ao tolo, sen control.
Control
dos diñeiros, das entradas e saídas, boicot absoluto á
malversación de fondos, á evasión de capitais e aos paraísos
fiscais.
Non
é tan difícil encontrar o diñeiro o que resulta ou lles resulta
difícil é romper con rutinas tramposas, coas familias acomodadas,
cos delincuentes de colo branco e cun desexo irrefreable por
permanecer en política para vivir á conta de nós.
E
quédome curto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario