luns, 28 de agosto de 2006

ALTERNATIVA VECIÑAL ESIXE Á XUNTA QUE ACELERE (AAE)

NOTA DE PRENSA

A Alcaldesa de Vigo pedíu recentemente que non se lle aplique ao PXOM de Vigo unha lei que sabe que non cumpre: a lei 9/2006 de Avaliación Ambiental Estratéxica. Esa excepcionalidade equivale a esixir inmunidade para os que aprobaron provisionalmente o Plan, e, ao mesmo tempo, trasladar a responsabilidade a quen debe refrendar o PXOM de Vigo, é dicir, á propia Xunta de Galicia.
-A Sra. Porro lidera unha proposta continuista de ilegalidades, porque ten medo a cumprir a lei. E, actuando de xeito contradictorio co que di, manobra de forma vitimista para desviar a atención e retrasar o PXOM. Non hai dubidas sobre a obrigatoriedade de someter o PXOM de Vigo a unha Avaliación Ambiental Estratéxica. A pretensión de excepcionalidade, é dicir, eximir desa necesidade legal, é, en definitiva, unha manobra de obstrucción que suporá continuar demorando o novo PXOM necesario para Vigo. Mentres tanto, a Alcaldesa escóndese tras a cortina de fume dos investimentos millonarios estéticos no centro da cidade e unhas migallas repartidas polo rural. Fai tempo que a Sra. Porro actúa só pensando nas próximas eleccions municipais.
-Dende Alternativa Veciñal, considérase que a Alcaldesa, o Partido Popular e os partidos políticos cómplices da aprobación dun PXOM ilegal e insostible, BNG e PG, cando rendan contas aos cidadans difícilmente poderán demostrar que merecen renovar a súa confianza. A conciencia de que fai falta con urxencia un novo rumbo alternativo para Vigo fai crecer un movemento social a favor de ese cambio.
-Alternativa Veciñal esixe á Xunta de Galicia someter o PXOM de Vigo a unha Avaliación Ambiental Estratéxica. É un imperativo legal que permitirá demostrar a inviabilidade do mesmo. Isto constituirá para a Xunta de Galicia o mellor argumento para convencer ao Concello de Vigo da necesidade de redactar, con rigor e profesionalidade, un novo Plan Xeral: legal, e sostible no social, económico e no respecto ao medio ambiente.
-Con este escrito, remitimos cartas enviadas á Consellería de Medio Ambiente e á Consellería de Política Territorial.

Vigo, 28 de Agosto de 2006

Ningún comentario: