domingo, 3 de setembro de 2006

MARIA XOSE CARIDE, CONSELLEIRA



Entrevista


María José Caride, Conselleira de Política Territorial

«As présas non son boas para elaborar un PXOM»



Pérez Touriño elixiu a unha profesora universitaria de Vigo para o departamento máis importante da Xunta. Nada máis chegar ao executivo autonómico, María José Caride tivo que lidiar coa tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) da súa cidade.
-Antes de nada, comprobar se cumpre os requisitos e por iso reclamouse a documentación que faltaba. Despois trátase de aclarar se cumpre a Lei de Avaliación Ambiental Estratéxica, e nesas estamos. -¿E cal será o seguinte paso? -Tal e como establece a normativa, comprobar se se axusta á legalidade. Non fai falta dicir que o PXOM é complexo, polo que desde fai moitos meses a Consellería e a Gerencia de Urbanismo manteñen conversacións para coñecelo, e así continuamos. -¿De momento, que detectaron? -A día de hoxe o plan conta con informe desfavorable de Costas, que é fundamental, e está pendente dun informe da Comisión Superior de Urbanismo sobre actuacións próximas ao litoral. Todo iso ademais de estar á espera da decisión da Consellería de Medio Ambiente sobre se cumpre a norma de avaliación ambiental, razóns polas que se suspendeu temporalmente a tramitación. -As presións a favor e en contra son intensas. ¿ Esperábase ter que decidir nun clima digamos tan apaixonado? -Como vivo en Vigo sabía que existía unha importante presión social en distintos sentidos con relación ao PXOM. O único que querería dicir é que as présas non son boas nin a mellor compañeira á hora de elaboralo, máxime cando o proceso dura xa bastantes anos. -¿Que quere dicir? -Que é fundamental o control de Política Territorial para buscar a completa seguridade xurídica. En Vigo hai precedentes dun plan anulado e é xusto o risco que hai que evitar. Non quixese que se repetise unha situación xa vivida, co que iso supuxo para a cidade. Todos debemos facer ben o noso traballo e o cumprimento da lei está por encima doutros comportamentos. -¿Atreveríase a prognosticar un calendario para a decisión final do seu departamento? -O prazo máximo de suspensión son tres meses e logo existe outro similar para ditaminar a aprobación definitiva, ou non, do documento. De ambos prazos algo transcorreu, e nesa marxe eu moveríame. -A suspensión actual non pode durar máis de tres meses. ¿Que sucedería se nese prazo o Concello non puido solucionar, por exemplo, o informe negativo de Costas? -Esperemos que non sexa así e que neste prazo acredite que todo está a listo para que Política Territorial poida informar sobre o documento. -¿E se non é así? -Non quero poñerme nesa hipótese e desde logo non queremos chegar a esa situación. -Como viguesa xa sabía ao ser nomeada conselleira que tería que decidir sobre unha cuestión tan polémica. ¿Preocupoulle isto de xeito especial naquel momento? -O peso global da responsabilidade era tal que o Plan de Vigo non estaba dentro da miña valoración salvo como outra cuestión máis. Hai outros moitos plans e a miña maior preocupación é a ordenación global do territorio de Galicia e poñelo en valor.
La Voz

Ningún comentario: