venres, 24 de novembro de 2006

RINIO BRUTTOMESSO, ARQUITECTO


.
O problema do urbanismo son as grandes operadoras turísticas
.
.
Entrevista
..
Arquitecto, profesor de Deseño Urbanístico na Universidade de Venecia e director do Centro Internacional Cidades de Auga, Rinio Bruttomesso (Italia, 1948) analizou onte as complexas relacións entre o sector inmobiliario e o litoral, nas xornadas sobre territorio e urbanismo que se inauguraron onte en Santiago.
.
-Pregunta. Burbulla inmobiliaria, corrupción... ¿Que está pasando co urbanismo?
-Resposta. España é un caso claro de esquizofrenia urbanística. Hai cidades do litoral como Bilbao, Valencia ou Vigo con grandes proxectos de recuperación costeira, pero o resto do litoral estase destruíndo, é un adianto do que ocorrerá noutros países: a costa como espazo baleiro no que se pode facer todo. O problema é o turismo; o de masas, que é un fenómeno en mans de grandes operadores mundiais. Os alcaldes das pequenas cidades ven unha oportunidade de crecer, sen advertir o gran perigo que vén detrás.
-Pregunta. España vai a endurecer a Lei do solo. ¿É unha reforma útil?
-Resposta. Un só instrumento non pode resolvelo todo, pero pode evitar unha densificación excesiva. Por exemplo, non poder construír a menos de 500 metros da costa, como vai ocorrer en Galicia, tamén é bo. É importante afastar as construcións de urbanízacions da auga, porque é bo que aparte máis próxima ao litoral manteña a súa identidade.
-Pregunta. ¿Cre que haberá movementos especulativos en tanto entra en vigor a lei galega?
-Resposta. Iso sempre pode ocorrer. A responsabilidade é dos concellos, porque son os que exercen o gran control. Sofren unha gran presión por efecto do turismo mundial, e estamos perdendo para sempre a paisaxe e a natureza.
-Pregunta. ¿Que ocorreu para que sobrevenga este repentino interese por urbanizar a costa galega?
-Resposta. O que non se esnaquizou aínda é o primeiro obxectivo inmobiliario. Galicia ten costas bellísimas e o seu solo non se disparou, en comparación con outras zonas. Unhas costas moi bonitas e case virxes son case obxectivo obrigado para os inversores.
-Pregunta. ¿Cre que pode haber unha relación entre ese obxetivo e os incendios do pasado verán?
-Resposta. Quizais non sexa casual. Ocorreu en Italia, onde os incendios case sempre son por movementos inmobiliarios.

Ningún comentario: